venres, 30 de abril de 2021

Día Mundial da Hixiene de Mans

 O día 5 de maio é o Día Mundial da Hixiene de Mans e xunto co personal sanitario, en Pediatría e na Aula Hospitalaria queremos traballar cós nenos e as nenas para que toodo o mundo entenda o importante que é!




Levamos xa varias xornadas facendo aportacións para argallar xuntos un mural que visibilice o que aprendemos, sentimos e opinamos acerca do tema:








































martes, 27 de abril de 2021

"Dúas escamas dun peixe"

 Autoavaliación e Metacognición

 Achegamos este pequeno mural feito en Atención Domiciliaria co resultado da actividade trimestral que se fixo co alumnado : nun principio o peixe estaba completamente espido e ao rematar cada sesión ían colocando cada quen ( o alumno ou alumna unha e a mestra outra) unha escama... pero non se facía de calquera xeito, nooon! senon segundo unha escala de valoración por cores e se debía escoller a cor en función do nivel de traballo, de aprendizaxe e de diversión que cada un/unha considerara que houbera na sesión.


Unha vez escollida a cor, foron escribindo debaixo da escama a data e unhas palabras para describir como se sentiron, e logo xa só compre xustificar verbalmente, un/unha ao outro/a , o motivo de escoller esa cor en base aos tres ítems a valorar. Ese momento ademáis aproveitouse para lembrar todo o traballado, o aprendido, o repasado, o traballo pendente e todo aquilo que se considerara interesante, incluso coa axuda da axenda no caso do alumnado de maior idade.


E asi se foron enchendo de escamas de cores os peixiños! Ao rematar o trimestre, chegóu por fin o momento tanto tempo agardado de compartir anotacións! Agora, cada peixiño loce nas casas do noso alumnado de Atención Domiciliaria e a él poden acudir cada vez que o desexen para ver as palabras que se agochan nas escamiñas de cores...








luns, 26 de abril de 2021

Aloumiños dende Teis

Grazas mil á Asociación TeisRobotics & Jordi , así como ao centro EEI Monte da Guía & María! 💚💜





Grazas a eles temos uns chulísimos "cubresueros" coa imaxe do noso Cunqui, así coma un robot para á aula, que fará moito máis doada a estancia dos nosos peques no hospital. 

Pero temos tamén o que máis nos chega ao corazón... unhas fermosísimas palabras da man dos nenos e nenas que queren ser unha mensaxe de afouteza e agarimo. Graciñas!





Ruliñ@      Afouteza    Bicos    Valente    Riquiñ@     Aloumiño    Bonitiña        Amoriño         Ánimo           Apertas            Forza             Agarimo            Biquiños





venres, 23 de abril de 2021

* 23 de abril *

 💙💙💙💙    Día do Libro  📙📙📘📗








luns, 19 de abril de 2021

Semana do Libro

 



            


Comezamos a Semana do Libro cun aloumiño máis que xeneroso da comunidade educativa do CEIP Tintureira - A Paz : unha enoooorme donación de libros para todas as idades coa que queren contribuir ao Proxecto de Mellora da nosa Biblioteca da Aula Hospitalaria.

Miles de graciñas pola vosa solidariedade ! 





















venres, 16 de abril de 2021

Pequeño deseo

 

As persoas do Equipo sanitario e do Equipo docente do Hospital Álvaro Cunqueiro sentimos unha enorme ilusión pola posta en marcha da colaboración coa Fundación Pequeño Deseo : un dos nosos alumnos de Atención Domiciliaria actualmente (e que xa o foi de Aula Hospitalaria) vai ser o primeiro da nosa comunidade galega es ver cumplida a sua ilusión e desexo. Moitas grazas!

https://fpdeseo.org/es                       








martes, 13 de abril de 2021

Sentidiño

Os nenos e as nenas da Aula Hospitalaria sabemos como facer as cousas con sentidiño : non podemos ir ao noso cole, nin tampouco ao cole do Hospital, pero temos moitas maneiras de entreternos e traballar : lendo libros,recortando, facendo sudokus,sopas de letras, laberintos, xogando ao xadrez ou a ducias de xogos que nos levan as mestras, coloreando mandalas ou dinosaurios, facendo puzzles e construccións, traballando coas tablets ou na aula virtual, escoitando contos, música, facendo debuxos de temas propostos,inventando cores novas, argallando cós legos, resolvendo adiviñas e acertixos, facendo as probas escritas ou traballos que nos envían dos nosos centros educativos e un longo etc. Sabemos que a pandemia non permite outras actividades, nin tampouco xuntarnos, pero temos certo tamén que " Todo vai saír ben! "

xoves, 8 de abril de 2021

Proxectos Biblioteca

Aquí vos iremos deixando Proxectos colaborativos de Biblioteca con diferentes Centros Educativos.

Inauguramos có CEIP EDUARDO PONDAL, que tivo a ben poñerse en contacto con nos para agasallarnos con dous fermosos contos: "A qué sabe a lúa" e "Monstruo rosa"


(premer no enlace)   ➤  Biblioteca CEIP Eduardo Pondal         



E nestes días, volveron a convidarnos con tres fermosos contos máis que prepararon e escenificaron para o "Día do Libro Infantil". Moitas grazas, Geni e rapazada do Crocaio!