luns, 24 de outubro de 2022

Samaín versus halloween

 Non cabe dúbida de que a tradición celta sinala a noite do 31 de outubro ao 1 de novembro como o "aninovo celta", mesmo etimolóxicamente significa, en gaélico, "fin do verán".

Logo virían novas tradicións que nos falarían do Halloween para celebrar a noite das cabazas...

Aquí, no hospital, todo o que sexa festa gústanos moito porque é un motivo de risas e bullicio, que tanta faltiña nos fai...así que nesas estamos: decorando a aula, os corredores e facendo moitas actividades divertidas,escoitando música arrepiante e mesmo argallando as vestimentas que imos poñer! 🍁🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃













xoves, 20 de outubro de 2022

Galicia Ilusiona

Os mellores do planeta! 🎈🎹🎪★☆☆ Maxia Solidaria é a que fixo o gran mago Dani García có noso alumnado, tanto na aula coma nas habitacións. Falaba un chisquiño "raro", como se efectivamente fose de outro planeta, pero non: é dos mellores do noso. Grazas mil ★★☆































mércores, 19 de outubro de 2022

Libros Viaxeiros

 ❤❤Comezando a encher de novo os nosos dous libros viaxeiros: "O Libro dos Nomes" e "Sen Cita Previa"❤❤













xoves, 13 de outubro de 2022

Moitas grazas!

 Unha acollida boísima: sodes o mellor! Vaia axilidade e entusiasmo coa vosa resposta: os libros non paran de "rular"! e temos moitos outros aportados por vós... Moitísimas grazas!😊📚📚




luns, 10 de outubro de 2022

10 outubro: SAÚDE MENTAL

 Moito por engadir...Cómpre facer unha reflexión seria e afrontar con moito rigor unha problemática que non se poderá abordar sen unha labor de previsión, dende a multidisciplinariedade.





sábado, 8 de outubro de 2022

Obradoiro de fotografía

A fotografía como recurso didáctico é unha importante fonte de aportes: nos serve para traballar a atención,para desenvolver a creatividade e a imaxinación, para exercitar a tope o cerebro, transmitir ideas, sentimentos, actitudes, valores, facer reflexións...e mesmo aproveitar logo as imaxes para posteriores actividades (textos, cartéis,etc), como así faremos.

Nestes días, a nosa compañeira Lucía, de ASANOG, estivo traballando có noso alumnado  ao redor deste ámbito: a pedagoxía da imaxen, e o éxito foi...impresionante!

Temos por certo uns artistas con maiúsculas! 👏👏














venres, 7 de outubro de 2022

Papiroflexia

Aldara é unha super experta no tema: nada se lle pon por diante! Ata un camaleón fixo hoxe, Pero ademáis, ten pendentes uns cantos retos máis... 🐊🐌🐢🐞  Campiona ! 💪