30 xaneiro

Pechando ideas...👐 Facendo visibles os desexos...❤❤ Traballando a gusto!











martes, 24 de xaneiro de 2023

E xa imos polas dez mil!

Cómo paso o tempo! En menos de dous anos que levamos de andadura, xa temos que celebrar unha morea de visitiñas: dez mil nada menos! Grazas mil a todas as persoas que facedes este camiño con nós ,porque sodes o noso motor! 💪




luns, 23 de xaneiro de 2023

Paz ++

A Paz polo 30 de xaneiro...e por 364 días máis! 

Visibilizamos nestas xornadas a súa importancia, pero sen esquecer que o traballo é de cada un dos días, de cada persoa, de cada comunidade 🙌☆✨












Parabéns!

No noso día a día tamén teñen cabida os cumples e o de Alba foi un día tan especial coma ela  💗💐






mércores, 18 de xaneiro de 2023

Paz-Paloma-Picasso

PPP Moitos P que van polo mesmo camiño e queren chegar ao mesmo sitio...Hoxe continuamos na procura de máis obras nas que Picasso deixara a súa pegada en forma de pombiña. 🐦

Pasámolo moi ben, tanto que ata había algún que non quería logo borrar a pintura das mans...✋✋














luns, 16 de xaneiro de 2023

"Las palomas de Picasso"

Comezamos! 🎨 Picasso crea a pomba que sería o emblema do I Congreso Mundial pola Paz en París en xaneiro de 1949: unha fermosa litografía sobre fondo negro que tivo un éxito rotundo, convertíndose nun emblema para todas as posteriores edicións e un símbolo de paz e igualdade a nivel mundial.

                                                 

                                                                               





Como anécdota, dicir que na víspera do Congreso, Picasso tivo unha filla a que lle puso de nome Paloma.

A pomba é, de todos xeitos, unha seña de identidade na obra do artista, que parte da relación que tivo có seu pai na súa primeira infancia, xa que foi él quen lle ensinóu o debuxalas, porque na casa tiñan varias. 

Tras pintar en 1937 o Guernica, Picasso xa era considerado un símbolo da defensa da paz e a liberdade.

Así, hoxe comezamos na procura de obras de Picasso nas que apareza unha ou máis pombiñas...e vaia que sí atopamos unha morea delas!

Puxémonos pois a facer un mural con elas como primeiro paso neste proxecto que nos vai levar a afondar na vida e obra de Picasso: quedóu ben xeitosiño, non si?













xoves, 12 de xaneiro de 2023

Bibliografía ao redor de PICASSO

Sería interminable avanzar unha escolma representativa, porque falamos de posiblemente milleiros, pero un pequeniño avance para "quentar motores" ben pode ser este...














Museo Picasso BCN:  https://museupicassobcn.cat/es

Museo Picasso Málaga: https://www.museopicassomalaga.org/

Casa Museo Picasso A Coruña:

 https://www.google.com/search?sca_esv=569990595&rlz=1C1GCEA_enES1008ES1008&q=Casa+Museo+Picasso&stick=H4sIAAAAAAAAAONgVeLVT9c3NEwqiTfJtaywMBLNLS1OzVcoyExOLC7OV0gtLkg8vDHxFCOnfq6-QVJKUZrlKUYuENuyzNysoArBKUszPsXIAzKsysQkOSW5ovIUIzeIa2SUblxmlHeKEdUmqJGGWcmVGTC5NGODorRyy4JHjIeZuAVe_rgnLLWTadKak9cYNzFxCfjk5xen5lQGpeYklqSmhOQLiXGxueaVZJZUCvFIcXFxgIwzM4g3F1rByMUdnFoSku-bn5KZVik0g1FoKiMW_RZY9OdmZ0kpKHHx_nOWkxCVeHX4r5YQZ_eeRKOKx048gm8WZ7BP0XmzTMgd1QILITMuTt_U3KTUomL_NCFVLi7n_Jyc1OSSzPw8IXEpUS5h_WS4gD4ohEtzi62YNBiVIo3cdl2ado7NQZABCAT-BzpIaWgJcrG55OcmZuYJSqazPJD-8t5eS5iLIySxIj8vP7dScN_q__v1_7-3V-LkBOpxaMuaaq_FMIGJsWnfikNsHByMAgxGTBwMVQw8i1iFnBOLExV8wVEaAInSCWyMAHXsb_L2AQAA&sa=X&ved=2ahUKEwjbw9f-jteBAxVKU6QEHX7CBdEQ-BZ6BAgTEA0&biw=1149&bih=1005&dpr=1



2023 : Ano Picasso



                                        
ANO DE PICASSO

2023 vai ser o ano no que se conmemorará o 50 aniversario do seu                              pasamento                       


Comezaremos a afondar pouquiño a pouco na súa traxectoria artística, de máis de 75 anos e que abrangue tanto a pintura como a escultura, grabados, ilustración, cerámica...

Tentaremos reivindicar tamén o seu legado, que tan ben define o que foi o século XX...