martes, 31 de outubro de 2023

A escola no Periódico.

🗞Faro de Vigo quiso ternos en conta amosando as actividades que desenvolvimos na AULA HOSPITALARIA polo Samaín.
(🔗na historia)

#visibilizando


domingo, 29 de outubro de 2023

OS LUNS CONTAMOS: "Como mola tu escolba" con kamishibai

👻 OS LUNS CONTAMOS, e como estamos en tempos de Samaín puidemos botarnos a voar con COMO MOLA TU ESCOBA! de Julia Donalson.🎃💀

E co Kamishinai!! 🎩

SAMAÍN: Recomendacións lectoras da Biblioteca

🎃Neste tempo tan especial e divertido deixámosvos algúns dos libros que podes vir coller á Biblioteca  Escolar da Aula Hospitalaria. 


venres, 27 de outubro de 2023

A rapazada da Aula Hospitalaria compartiu uns momentos moi interesantes e divertidos grazas ao alumnado de prácticas do módulo de DESENVOLVEMENTO SOCIOAFECTIVO do CFGS de EI @colegio.sjosedelaguia 

Como nós non poñemos nota, si lles imos dar 10 👏🏼

Grazas aos tres!!! 🥰

BIBLIOTECA DE SAMAÍN

 🎃Que podemos ler no Samaín?💀

🔝Vinde á biblio do hospi que temos preparados xeniais libros para todos: peques, maiores e familias.

😜E non nos digades que vos aburrides!!!! 🥳🥳

xoves, 26 de outubro de 2023

Estamos na web de Bibliotecas Escolares de Galicia!!!!!

 🤩 Moi contentas e ilusionadas levamos todo o día despois de ver que o noso traballo na biblio é valorado e publicado na web das Bibliotecas Escolares de Galicia @bescolaresgal .

😊Seguiremos traballando para que o noso alumnado e as familias disfruten da biblio e das súas actividades.
#bescolaresgal 
#bescolaresgalabertas



martes, 24 de outubro de 2023

DÍA DAS BIBLIOTECAS: Obradoiro de creación de cadernos

😊Hoxe foi un día moi especial na Escola Hospitalaria porque a nosa Biblio está de conmemoración: É o seu día!! 📚💫

📒Así que convidamos ao alumnado e ás familias a un obradoiro no que tiveron que "tunear" os seus cadernos. 

Con tanto material era complicado comezar pero unha vez se puxeron mans á obra... 

Como sempre, esta foi unha actividade desenvolvida na Aula e tamén nas habitacións daquel alumnado que non podía asistir. 

🎁E como estabamos de conmemoración da biblio, cada un levou a súa mochila con agasallos e libros que nos foran doados.

💯Parabéns ás bibliotecas que tan boa labor fan.

💯Parabéns ao noso alumando que tanto alegra a biblio e a escola.

💯Parabéns ás familias que tan cóbado a cóbado traballan con nós.

💯Parabéns a Manu e Lara, profes de domiciliaria, que estiveron a pé do cañón para que esta actividade fora un éxito. 

> de Amalia Otero

luns, 23 de outubro de 2023

Xa cheira a Samaín!

 Tic tac tic tac....polas habitacións xa van aparecendo pantasmas, arañas, morcegos...!!🌘🎃🎃🎃

(Preme no carrusel para ver todas as imaxes)


E tamén traballamos o Samaín na Aula seguindo o Proxecto: PICASSO, UNHA MIRADA DIVERSA; que no mes de Outubro adicámolo ao retrato.


domingo, 22 de outubro de 2023

OS LUNS CONTAMOS... o alumnado protagonista x 2 bandas!

 😁Non podemos estar máis contentas coa contada de hoxe!!! 

Cambiamos os papeis: os GAITO KAMISHIBAIA foron unha alumnae un alumno maiores e nós e xs peques fomos o público. 🤩

E seguindo a idea de contadas bilingües, O GATO SOL foi contado en galego e español.

Unha experiencia ben bonita. 🥰



A nosa escola

👀 Este ano temos o obxectivo de visibilizar a nosa escola hospitalaria e un dos chanzos que imos salvando é o de dala a coñecer nas habitacións.

😃Nós imos todos os días a dar os "BOS DÍAS" ao noso alumnado e nese tempiño lle presentamos a Escola, como funcionamos, horarios e as actividades que temos preparadas para ese día e as que se van desenvolver pola tarde.

👌Agora tamén as habitacións contan con este dossier co máis importante da Escola Hospitalaria e da súa biblioteca:

Diseño de Amalia Otero

Placas identificativas

😊💫Quedaron moi ben as novas placas que xa nos identifican co que somos: unha pequena Escola Hospitalaria que ten dous espazos onde traballamos e nos reunimos tanto o profesorado da Aula Hospitalaria como o de Atención Educativa Domiciliaria.




venres, 20 de outubro de 2023

Ciencia divertida!

Un ano máis, contamos cós fantásticos Obradoiros de Ciencia Divertida  da Escola de Inxeniería Biomédica de Vigo: "Aprender xogando nun hospital".

Grazas por facernos das tardes dos luns un dos momentos máis agardados!







luns, 16 de outubro de 2023

Un día calquera...

 Un día calquera na nosa Escola, temos tempo para todo... e máis! 



O Día das Escritoras

E como nós temos a gran sorte de ter unha no noso equipo....fixemos que "A Contada dos Luns", tanto na Aula como nas habitacións,  tivese hoxe unha cor moooi especial, a do arca da vella : grazas, Amalia! 

💚💜💛💙 💫💫💫


Día das escritoras 23 (Post para Instagram) de Amalia Otero

venres, 13 de outubro de 2023

Outono doce

 Pese a que a calor destes días non nos deixa tregua, estamos en Outono, non si? 🍄🍁🍁

A nosa creativa rapazada de maiores creou uns bonitos cadros e a cativada experimentou a mezca das cores primaria para crear fondos de outono que mañá remataremos. 🎨
#aulahospitalariacreativa

outono AMARELO ACTIVIDADES AULA de Amalia Otero

mércores, 11 de outubro de 2023

O cole na cama

Cando non se pode ir ao noso Cole, polas circunstancias que sexan, imos os profes ás habitacións, e tamén os magos, paiasos, bombeiros, etc  Claro que sí!

Traballo, Maxia e moooitas Risas !! 😊







martes, 10 de outubro de 2023

OS LUNS CONTAMOS: Corre, Corre, Cabaciña

👉Desde mañá os LUNS na Escola Hospitalaria tamén serán MONDAY ou LUNDI.

📚💬Porque imos adicar un tempiño a contar contos en varios idiomas tanto na AULA HOSPITALARIA como nas habitacións.

Comezamos, xa que outubro é o mes do outono e do Samaín, con:
CORRE, CORRE, CABACIÑA de @evamejuto y @oqoeditora 



E así quedou a cousa. Estamos moi contentas con esta nova iniciativa da Biblioteca Escolar e do EDLG  na que a profe Lara, de atención Educativa Domiciliaria, colabora lendo os contos en Inglés e facendo, así a contada bilungüe.



sábado, 7 de outubro de 2023

O libro do mes

 

Un fermoso descubrimento, tanto polo contido como pola estética , porque ten "alma propia"e porque se existira unha PERSOA LIBRO, sen dúbida escolleríamos ser ...así . Grazas, Manu Velasco!💟

Copia de Rojo Picasso de Amalia Otero

venres, 6 de outubro de 2023

Libros Libres

 Na nosa Biblio do corredor aparecen de cando en vez sorpresiñas fermosas...





xoves, 5 de outubro de 2023

Concello de Vigo


Queremos facer público e ben visible o noso agradecemento ao Departamento de Educación do Concello de Vigo pola contribución tan ben escollida que nos fixeron chegar para os fondos da nosa Biblioteca, en continúa actualización.

 

mércores, 4 de outubro de 2023

A re-voltas con PICASSO

 Xa é un "clásico" na Aula : Picasso sempre inspira traballiños chulos !



















Identidade propia

Unha das nosas principáis "teimas" é darnos a coñecer como o que somos: unha Aula Hospitalaria que é a maiores a sede da Atención Educativa Domiciliaria, e que depende directamente da Consellería de Educación...entre outras moitas cousas ou "apelidos" (aberta, equipo, esforzo, inclusión, convivencia, galego, risas, traballo, emocións, interdisciplinariedade, xogo, bibloteca, maxia...)









luns, 2 de outubro de 2023

OS LUNS CONTAMOS... O Gato Sol (Kamishibai)

😸🌞Contamos  "O gato Sol" para presentar o Kamishibai, técnica que nos encanta tanto para facer contadas como para que o alumnado nos conte e tamén nos cree as súas propias historias.

Copia de MONDAY - marron BIBLIOTECA de Amalia Otero

Setembro

Setembro xa rematóu , cheíño de intensidade e ilusións: moi bo principio para un curso que promete ser moi ventureiro!

Aquí vos deixamos algúns dos momentiños , entre outros centos deles, que máis disfrutamos... 💌