“Sen cita previa” nace coa intención de visibilizar unha realidade: na Aula Hospitalaria (AH) e na Atención Domiciliaria (AD) ten cabida esa parte do noso alumnado cun maior plus de diversidade, desas diferenzas que tanto nos enriquecen e suman... Falamos de educación personalizada con maiúsculas, xa que a maiores da actividade propiamente educativa e curricular, cómpre engadir tamén unha intervención case terapeútica. Dámosvos a benvida!
sábado, 27 de febreiro de 2021
Que facemos?
mércores, 24 de febreiro de 2021
Onde estamos?
Imos dar un paseo pola nosa planta: anímaste?
Entramos nela e imos polo corredor...
...ata chegar a aula!
...onde están agardando os nosos nenos e nenas:
E... para rematar, paramos un chisquiño na sala de xogos e no patio de recreo
venres, 19 de febreiro de 2021
Na procura de Cunqui
Comezamos andadura:
Na procura dun logotipo, que nos puidera identificar, buscamos inspiración na mascota do servizo de Pediatría: Cunqui, o Polbiño. O noso alumnado de AH e AD será o verdadeiro protagonista , xa que terán que debuxar un polbiño que poida representar este blogue.
Agora mesmo, xa están mans á obra e só podemos dicirvos que vai ser moi difícil tomar unha decisión á hora de escoller un só Cunqui, xa que as versións están cheas de creatividade e orixinalidade.
Máis adiante coñeceremos os debuxos do alumnado que participou e daremos tamén o nome da persoa gañadora, estade atentos!
martes, 16 de febreiro de 2021
Protocolos
Unha das misións que temos coa posta marcha deste blog é facilitar ás familias o acceso a atención educativa do alumnado. Por iso, elaboramos un listado dos protocolos máis importantes publicados na comunidade autónoma de Galicia.
venres, 12 de febreiro de 2021
Semana Cardiopatías.
Esta mañá, recibimos a visita da Asociación Late Corazón que fixo un concurso co noso alumnado de Atención Domiciliaria e da aula hospitalaria co fin de ser a imaxe do cartel da IV Xornada de Cardiopatías Congénitas y Familiares, deixámosvos as fotos dos debuxos gañadores.
Estamos moi felices de poder contar con este tipo de iniciativas e sumándose a esta colaboración, tamén queremos agradecer á Editorial Galaxia pola donación que fixo a aula hospitalaria agasallándonos cun lote de 50 libros. Moitas grazas!💗