sábado, 27 de febreiro de 2021

Que facemos?

Somos un equipo de profesionáis que traballan conciliando esforzos dende distintos ámbitos (A Atención Educativa Domiciliaria e a Atención Hospitalaria) coa finalidade de proporcionarlles a mellor atención educativa posible aos alumnos e alumnas que por diferentes circunstancias non poden acudir ao seu centro educativo. Esta atención educativa, baseada no principio de inclusión, comprende actuacións dirixidas a acadar os obxectivos e competencias básicas sinaladas polos seus centros de referencia para facilitarlles a reincorporación, evitando o desfase escolar que se poidera derivar da situación que están a vivir. Unha pedagoxía hospitalaria que pretende non limitarse somentes as aprendizaxes propiamente académicas ou curriculares, xa que tamén se procura engadir o acompañamento terapéutico nun espazo activo, participativo, interdisciplinar e integrador.

mércores, 24 de febreiro de 2021

Onde estamos?


Imos dar un paseo pola nosa planta: anímaste?


 Entramos nela e imos polo corredor...













...ata chegar a aula!
















Logo, se vos parece, imos ata Pediatría....











 ...onde están agardando os nosos nenos e nenas:



E... para rematar, paramos un chisquiño na sala de xogos e no patio de recreo

















Que vos parece? Gústavos? 💗







venres, 19 de febreiro de 2021

Na procura de Cunqui

Comezamos andadura:

Na procura dun logotipo, que nos puidera identificar, buscamos inspiración na mascota do servizo de Pediatría: Cunqui, o Polbiño. O noso alumnado de AH e AD será o verdadeiro protagonista , xa que terán que debuxar un polbiño que poida representar este blogue.

Agora mesmo, xa están mans á obra e só podemos dicirvos que vai ser moi difícil tomar unha decisión á hora de escoller un só Cunqui, xa que as versións están cheas de creatividade e orixinalidade.

Máis adiante coñeceremos os debuxos do alumnado que participou e daremos tamén o nome da persoa gañadora, estade atentos!






martes, 16 de febreiro de 2021

Protocolos

Unha das misións que temos coa posta marcha deste blog é facilitar ás familias o acceso a atención educativa do alumnado. Por iso, elaboramos un listado dos protocolos máis importantes publicados na comunidade autónoma de Galicia.






















venres, 12 de febreiro de 2021

Semana Cardiopatías.


Esta mañá, recibimos a visita da Asociación Late Corazón que fixo un concurso co noso alumnado de Atención Domiciliaria e da aula hospitalaria co fin de ser a imaxe do cartel da IV Xornada de Cardiopatías Congénitas y Familiares, deixámosvos as fotos dos debuxos gañadores. 





Estamos moi felices de poder contar con este tipo de iniciativas e sumándose a esta colaboración, tamén queremos agradecer á Editorial Galaxia pola donación que fixo a aula hospitalaria agasallándonos cun lote de 50 libros. Moitas grazas!💗