“Sen cita previa” nace coa intención de visibilizar unha realidade: na Aula Hospitalaria (AH) e na Atención Domiciliaria (AD) ten cabida esa parte do noso alumnado cun maior plus de diversidade, desas diferenzas que tanto nos enriquecen e suman...
Falamos de educación personalizada con maiúsculas, xa que a maiores da actividade propiamente educativa e curricular, cómpre engadir tamén unha intervención case terapeútica.
Dámosvos a benvida!
sábado, 11 de decembro de 2021
O Nadal vai chegando...
Xa queda pouquiño para o Nadal, e na aula nótase en todos os rincóns! pero sobre todo, no de expresión plástica: árbores, estrelas, renos...
Tamén nas lecturas escollidas, na música que escoitamos, nas conversas e nos desexos .
Ningún comentario:
Publicar un comentario