“Sen cita previa” nace coa intención de visibilizar unha realidade: na Aula Hospitalaria (AH) e na Atención Domiciliaria (AD) ten cabida esa parte do noso alumnado cun maior plus de diversidade, desas diferenzas que tanto nos enriquecen e suman... Falamos de educación personalizada con maiúsculas, xa que a maiores da actividade propiamente educativa e curricular, cómpre engadir tamén unha intervención case terapeútica. Dámosvos a benvida!
martes, 21 de decembro de 2021
venres, 17 de decembro de 2021
Desexos que fan un mundo!
Un mundo que por aquí , tanto na Aula Hospitalaria como nas casas có alumnado de Atención Domiciliaria, ten uns límites moi axustados...
E os límites cambian a mirada,non si? Pero non nos deixa de sorprender que ese ollar que os nosos nenos e nenas teñen do mundo, do seu mundo, é sempre fermoso, pese a todo, pese as circunstancias.
Porque son uns valentes que levan posto, día tras día, un sorriso para agasallar aos demáis e unha forza mooi especial que ás veces mesmo parece ser ....outras moitas cousas.
Por vós é Nadal, sempre!
Creatividade
Unha das moitas creacións de Victoria : así fai as cousas ela, caladiña e a tope de forza creativa!
A nosa árbore de Nadal
xoves, 16 de decembro de 2021
Grazas mil, OQO!
O Nadal chegóu xa á nosa Aula Hospitalaria! A Editorial OQO mandounos duas caixas cheíñas dos seus marabillosos libros, en galego e castelán, para os nosos peques! 👏👏👏
domingo, 12 de decembro de 2021
Nadal en galego
sábado, 11 de decembro de 2021
O Nadal vai chegando...
Xa queda pouquiño para o Nadal, e na aula nótase en todos os rincóns! pero sobre todo, no de expresión plástica: árbores, estrelas, renos...
Tamén nas lecturas escollidas, na música que escoitamos, nas conversas e nos desexos .