“Sen cita previa” nace coa intención de visibilizar unha realidade: na Aula Hospitalaria (AH) e na Atención Domiciliaria (AD) ten cabida esa parte do noso alumnado cun maior plus de diversidade, desas diferenzas que tanto nos enriquecen e suman...
Falamos de educación personalizada con maiúsculas, xa que a maiores da actividade propiamente educativa e curricular, cómpre engadir tamén unha intervención case terapeútica.
Dámosvos a benvida!
venres, 28 de xaneiro de 2022
Un feixe de boas letras
Poderían ser moitos outros, pero hoxe vos recomendamos estes que tamén falan de paz e de valores, de solidariedade e amor, de concordia e bondade...
Ningún comentario:
Publicar un comentario