mércores, 25 de maio de 2022

Letras Galegas na Atención Domiciliaria

 As nenas e nenos de AD fixeron, xunto cós seus mestres e mestras e coordinados pola profe Sonia, este chulíiiiiiisimo video: sodes xeniais! 👏👏👏👏👏💚





martes, 24 de maio de 2022

Sal e pementa

 Cara e cruz, sen dúbida algunha , pero forman parte da misma moeda: o tempo de xuntanza, de compartir, de lecer, de traballar e de reunirse !👋👋❤














xoves, 19 de maio de 2022

Os nosos recunchiños

Dende que o aforo da aula aumentóu, houbo tamén unha transformación no ambente da aula, sobre todo na parte final da mañá, a máis lúdica: poden xogar en grupiños, síntense mellor e a "mestizaxe" de idades , localidades de orixe e os diferentes cursos e centros educativos aos que pertencen, fan que todo sexa moito máis doado e enriquecedor.

Cada día é un fermoso acontecemento e cando chega a hora de pechar, ninguén quere marchar...💙

Pero tamén dende as casas nos chega a mesma mensaxe: momentos moooi fermosos aínda que non sexan tan compartidos! 💚









mércores, 18 de maio de 2022

Nenas e nenos hospitalizados: hoxe, 13 de maio, é o seu día

 E para visibilizar esta realidade, onte e hoxe tivemos moitas visitas pola aula có mesmo fin que cada día intentamos acadar: que  súa estancia no hospital sexa o máis doada, tranquila e normalizada posible 💙💚🎵🎈✅


Grazas mil a Galiclown, Bicos de Papel , ASANOG  aos sempre benvidos e presentes Bombeiros de Vigo  e a Spiderman e ao seu amigo o Mago, como non!





























luns, 16 de maio de 2022

Maio, o mes das Letras Galegas

Moito traballiño fai o noso alumnado dende a aula e dende os domicilios !💪💪

Con parte do que fixeron por mor das Letras Galegas 2022 estivemos a decorar o corredor da aula e vaia se quedóu chulo!!😏😊
















venres, 13 de maio de 2022

Día Mundial pola hixiene de mans

 A OMS establecéu o 5 de maio como día da hixiene de mans, có fin de concienciar á poboación da súa eficacia para previr infeccións e un grupo das nosas alumnas da aula hospitalaria o quixo deixar ben claro!












mércores, 11 de maio de 2022

Mia Mandarina

 Un curso máis, temos que darlle mil grazas a Sara  📚 Mia Mandarina 💚


As súas fermosísimas axendas fixeron as delicias do noso alumnado, tanto no Hospital como na Atención Educativa Domiciliaria.