“Sen cita previa” nace coa intención de visibilizar unha realidade: na Aula Hospitalaria (AH) e na Atención Domiciliaria (AD) ten cabida esa parte do noso alumnado cun maior plus de diversidade, desas diferenzas que tanto nos enriquecen e suman...
Falamos de educación personalizada con maiúsculas, xa que a maiores da actividade propiamente educativa e curricular, cómpre engadir tamén unha intervención case terapeútica.
Dámosvos a benvida!
mércores, 11 de maio de 2022
Mia Mandarina
Un curso máis, temos que darlle mil grazas a Sara 📚 Mia Mandarina 💚
As súas fermosísimas axendas fixeron as delicias do noso alumnado, tanto no Hospital como na Atención Educativa Domiciliaria.
Ningún comentario:
Publicar un comentario