Neste curso participamos no programa da "Voz de Galicia" que se chama...
❤❤ "La Voz de la Escuela" ❤
Ademáis de ler , compartir e comentar as noticias, contamos con facer algunhas cousiñas máis e a primeira delas xa se argallóu nestes días: por qué non facer un panel informativo no que salientar aqueles artículos que nos parezan máis interesantes? 📃
E así se fai ! Indiscutiblemente baixo a "supervisión de deseño" de Gael e Thiago: tomando como base un cartón (sempre temos presente a pedagoxía do sostible e a reutilización dos recursos), o noso alumnado o estivo decorando para mellorar un chisquiño a súa "apariencia"...e vaia se quedóu chulo!😍
Logo estivemos a seleccionar contidos para por nel, acordando mudalos de xeito semanal, e tamén se estivo a decidir onde se emplazaba: sen dúbida, na entrada da nosa aula, xa que así as familias poderían ler os artículos e mesmo logo comentalos con eles. Moi boa idea! 💡
E xa nos queda somentes porlle nome, non si? Pois... o "Ruxe - Ruxe"!!📢
📅E así quedóu, ben afianzadiño, coa axuda de Gael e o papá de Mateo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario