“Sen cita previa” nace coa intención de visibilizar unha realidade: na Aula Hospitalaria (AH) e na Atención Domiciliaria (AD) ten cabida esa parte do noso alumnado cun maior plus de diversidade, desas diferenzas que tanto nos enriquecen e suman... Falamos de educación personalizada con maiúsculas, xa que a maiores da actividade propiamente educativa e curricular, cómpre engadir tamén unha intervención case terapeútica. Dámosvos a benvida!
xoves, 30 de marzo de 2023
Casi relax
mércores, 22 de marzo de 2023
Experimentando
Por mor da inquietude que na Aula Hospitalaria se xeneróu cando dende o CUVI (Inxeniería Industrial) estiveron facendo diferentes sesións có noso alumnado e grazas á xenerosa intervención de Enrique, non podemos menos que (aínda que un chisco tarde) deixar ben patente a nosa gratitude pola morea de material que se nos fixo chegar en donación e que procuraremos poñer na práctica do noso día a día.
martes, 21 de marzo de 2023
luns, 20 de marzo de 2023
"Mi historia"
domingo, 19 de marzo de 2023
Respecto
Dende o respecto, porque pensamos que é así como todo funciona mellor: cada quen resolve se o quere celebrar ou non, se é ou non unha data importante ou se quere facer un agasallo.
Pero respectando igualmente o que decidan as demáis persoas ...non si? ★
xoves, 16 de marzo de 2023
Revoltallo
Qué cómo é un día na nosa Aula? 😊
Pois cada un deles moi diferente ao anterior, pero tamén ao seguinte! 👍
mércores, 15 de marzo de 2023
Pensamento científico
Cómpre dar a importancia que se merece ao fomento nas aulas dunha metodoloxía activa e baseada no desenvolvemento de capacidades básicas de observación, análise e experimentación.
Efectivamente, a ciencia tamén pode e debe ser divertida, e debe ocupar un lugar importante: o que se merece.
sábado, 11 de marzo de 2023
Cartéis con mensaxe
A nosa alumna Paula, ademáis de escribir moooi ben (dí que "quere ser" escritora: pero si xa o é!)fai uns cartéis moi chulos, non si?
xoves, 9 de marzo de 2023
Estreamos Bibliotecas móviles!
martes, 7 de marzo de 2023
8 M
Hoxe é unha data importante...non si? 💪💪
Na Aula Hospitalaria tamén, e grazas á Cruz Vermella hai uns días ampliamos e compartimos a nosa percepción...
Moitas grazas pola participación e grazas tamén a Sandra, Fran, Alba e Adrián.