Aproveitamos para dar o noso agradecemento a Froiz, por aportarnos de seguida dous carriños para poder levar a cabo esta experiencia: Mil graciñas!
“Sen cita previa” nace coa intención de visibilizar unha realidade: na Aula Hospitalaria (AH) e na Atención Domiciliaria (AD) ten cabida esa parte do noso alumnado cun maior plus de diversidade, desas diferenzas que tanto nos enriquecen e suman... Falamos de educación personalizada con maiúsculas, xa que a maiores da actividade propiamente educativa e curricular, cómpre engadir tamén unha intervención case terapeútica. Dámosvos a benvida!
xoves, 9 de marzo de 2023
Estreamos Bibliotecas móviles!
As Bibliotecas enchen os nosos espazos: temos a Biblioteca dos Profes, as dúas Bibliotecas de Aula ( para Miúdos e para Juniors), a Biblioteca do corredor (O Biblio Virus) e agora estreamos as "Carrotecas" ou Bibliotecas Móviles, coa intención de levar libros a onde teñen que chegar tamén: as habitacións de Pediatría 💙💙💓
Ningún comentario:
Publicar un comentario