👀 Qué son e para qué sirven os pictogramas?
Pois fundamentalmente sirven para facilitar a comunicación. Mellor incluso sería dicir que son en sí mesmos un método de comunicación que mellora ésta ao ser apoios visuáis moi sinxelos.
Así pois, veñen sendo unha representación gráfica que fai explícito un obxecto ou mensaxe e que permite transmitir unha idea ou concepto de xeito rápido e sinxelo.
É especialmente eficaz para enviar unha mensaxe de carácter informativo, obrigatorio, de señalización ou de perigo.
Estimulan a percepción visual, a memoría gráfica, favorecen a concentración, melloran a atención e axudan moito na adquisición de conceptos e vocabulario.
Por todo iso, e por considerarnos unha Aula Inclusiva e coas portas ben abertas a toda a diversidade cotidiana que taaanto nos enriquece, estamos a "pictografiar" os nosos recunchos. Gústavos?
Ningún comentario:
Publicar un comentario