“Sen cita previa” nace coa intención de visibilizar unha realidade: na Aula Hospitalaria (AH) e na Atención Domiciliaria (AD) ten cabida esa parte do noso alumnado cun maior plus de diversidade, desas diferenzas que tanto nos enriquecen e suman...
Falamos de educación personalizada con maiúsculas, xa que a maiores da actividade propiamente educativa e curricular, cómpre engadir tamén unha intervención case terapeútica.
Dámosvos a benvida!
venres, 24 de novembro de 2023
25 de novembro: QUE NON SE TE VAIA A PINZA!
Que sorte tivemos que na véspera do #25n o alumndo do @colegio.sjosedelaguia preparounos unhas moi acertadas actividades para traballar as emocións, a seguridade e o coñecemento dunha mesma/o.
E xa antes traballamos nas habitacións e na Aula Hospitalaria coas nosas tarxetas e pinzas que fomos colgando no tendal da escola:
E non se nos vai a pinza, claro que non! A Aula Hospitalaria de Vigo é un ESPAZO SEGURO! 💜
Ningún comentario:
Publicar un comentario