“Sen cita previa” nace coa intención de visibilizar unha realidade: na Aula Hospitalaria (AH) e na Atención Domiciliaria (AD) ten cabida esa parte do noso alumnado cun maior plus de diversidade, desas diferenzas que tanto nos enriquecen e suman...
Falamos de educación personalizada con maiúsculas, xa que a maiores da actividade propiamente educativa e curricular, cómpre engadir tamén unha intervención case terapeútica.
Dámosvos a benvida!
xoves, 18 de xaneiro de 2024
Que chega! Que chega
Que chega! Que chega!Que chega a normalidade á Aula Hospitalaria!!!!
Así volveu ser o día de hoxe… co movemento dunha manchea de alumnas e alumnos. 🤩🥳🥳 A aula chea… Ai! Como nos gusta (aínda que non nos vexamos o sorriso por mor da mascarilla) 🥰
Ningún comentario:
Publicar un comentario