xoves, 27 de xuño de 2024

Pequeños pacientes. Grandes lectores!

 

Estamos moi contentas por anunciarvos que imos participar en #pequeñospacientesgrandeslectores de @culturaenvena .

Lede, lede! Que xa veredes que iniciativa tan chula:

💛Imaxina que escribes un conto… e que todos os pacientes dun hospital póidano ler!!

💛 “Pequenos pacientes, grandes lectores” é un programa de incentivo á lectura en hospitais para nenas, nenos e rapazada, creado pola Fundación Cultura en Vea.

💛 O obxectivo deste proxecto é incentivar a pacientes pediátricos (tanto ingresadas como ambulatorias) á escritura e lectura de contos baseados nas emocións.
👉🏽 o alummado que queira participar poderá escribir un conto para o uso e goce doutras nenas e nenos, así como público en xeral. Para axudar á rapazada para escribir o seu conto, producíronse 12 videotalleres cuxo contido aborda a xestión das emocións, así como aspectos básicos de escritura creativa.

💛 Os contos formarán parte dunha biblioteca dixital en liña, e unha selección deles participará nunha exposición itinerante por hospitais dentro do programa de Arte Ambulatoria de Cultura en Vea.

😉 O noso hospital, o Álvaro Cunqueiro de Vigo, @vigosergas poderá ter a expo a finais de ano e seguramente algún dos contos que presentemos ou presentedes poderá formar parte desa exposición 🤩

ANIMÁDEVOS. Preguntade na aula

 


 

xoves, 20 de xuño de 2024

CEIP A Paz tintureira!

 

Seguimos coas colaboracións co CEIP A Paz -
Tintureira.
Non son preciosas estas postais de nadal tan creativas no seu deseño e nas mensaxes con tanta forza???

Grazas e grazas.
Non nos cansamos de usar esta palabra porque non pode ser outra: GRAZAS!

#ceipapaz
#ceipapaztintureira




martes, 18 de xuño de 2024

FARO DA ESCOLA

Esperabamos este día coa satisfacción dun traballo feito, no que houbo moita xente detrás, moitas horas de ordenador e papeis e, sobre todo, un alumnado entregado para facer este primeiro periódico da Aula Hospitalaria, o seu periódico: FARO DA ESCOLA


E conseguímolo. A nosa aula, a AULA HOSPITALARIA DO H ÁLVARO CUNQUEIRO, xa é algo máis coñecida e o noso traballo, recoñecido.

Entre toda a emoción houbo risos e lágrimas porque algunhas destas mencións son moito máis que un premio e iso énchenos de moito orgullo.

Imos cos premios: 🥁🥁🥁🥁

🥉3º premio á mellor PORTADA
🥈2º premio ao mellor ESPAZO DE HUMOR
🥇1º premio á mellor Sección DE PASATEMPOS
🥇1º premio ao mellor DESEÑO
🥇1º e 🥉 3º premios á mellor CREACIÓN LITERARIA.
(Este último é moi especial porque sabemos que dentro de pouco AMY asinará os seus propios libros e nós presumiremos de ter sido as súas profes 🤭)

Nós queremos tamen dar os nosos premios, en forma de agradecemento:

💜A BRUNO, SONIA e ELÍAS por animarnos, ensinarnos e crer en nós. Sempre agradecidas. ☺️

💜Ás familias, cómplices de cada día, aínda que non lle queden moitos folgos, sempre veñen á aula cun sorriso sincero.🥰

💜Ás alumnas e alumnos que cada día enchen a aula hospitalaria e as habitacións de alegría e forza, máis da que ninguén pode imaxinar, sacada dalgún lugar secreto e que, altruistamente agasallan a todos os que estamos ao seu arredor: SODES GRANDES, MOI GRANDES 🤩

domingo, 16 de xuño de 2024

BAUTIZAMOS ÁS CABRAS DO CUNQUEIRO

Levamos un mes cunhas novas inquilinas no hospital: 5 cabuxas de raza autóctona galega e que teñen como misión o ecopastoreo, liberando así o uso de máquinas nas zonas verdes que rodean o hospital.


Pedíusenos, desde o hospital, que bautizaramos na Aula Hospitalaria ás cabuxas e como eran 5 distribuímos o traballo nas seccións:
- Aula hospitalaria de Pediatría (3ªplanta)
- Aula hospitalaria de U. Saúde Mental (2ª planta)
- Alumnado de Saúde Mental da 1ª Planta
- Habitacións de Pediatría
- Alumnado de Atención Educativa Domiciliaria

Convertemos os nomes máis votados en acrósitos… e este foi o resultado!