“Sen cita previa” nace coa intención de visibilizar unha realidade: na Aula Hospitalaria (AH) e na Atención Domiciliaria (AD) ten cabida esa parte do noso alumnado cun maior plus de diversidade, desas diferenzas que tanto nos enriquecen e suman... Falamos de educación personalizada con maiúsculas, xa que a maiores da actividade propiamente educativa e curricular, cómpre engadir tamén unha intervención case terapeútica. Dámosvos a benvida!
xoves, 27 de xuño de 2024
Pequeños pacientes. Grandes lectores!
Estamos moi contentas por anunciarvos que imos participar en #pequeñospacientesgrandeslectores de @culturaenvena .
xoves, 20 de xuño de 2024
CEIP A Paz tintureira!
Tintureira.
Non son preciosas estas postais de nadal tan creativas no seu deseño e nas mensaxes con tanta forza???
Grazas e grazas.
Non nos cansamos de usar esta palabra porque non pode ser outra: GRAZAS!
#ceipapaz
#ceipapaztintureira
martes, 18 de xuño de 2024
FARO DA ESCOLA
Esperabamos este día coa satisfacción dun traballo feito, no que houbo moita xente detrás, moitas horas de ordenador e papeis e, sobre todo, un alumnado entregado para facer este primeiro periódico da Aula Hospitalaria, o seu periódico: FARO DA ESCOLA
E conseguímolo. A nosa aula, a AULA HOSPITALARIA DO H ÁLVARO CUNQUEIRO, xa é algo máis coñecida e o noso traballo, recoñecido.
Entre toda a emoción houbo risos e lágrimas porque algunhas destas mencións son moito máis que un premio e iso énchenos de moito orgullo.
Imos cos premios: 🥁🥁🥁🥁
🥉3º premio á mellor PORTADA
🥈2º premio ao mellor ESPAZO DE HUMOR
🥇1º premio á mellor Sección DE PASATEMPOS
🥇1º premio ao mellor DESEÑO
🥇1º e 🥉 3º premios á mellor CREACIÓN LITERARIA.
(Este último é moi especial porque sabemos que dentro de pouco AMY asinará os seus propios libros e nós presumiremos de ter sido as súas profes 🤭)
Nós queremos tamen dar os nosos premios, en forma de agradecemento:
💜A BRUNO, SONIA e ELÍAS por animarnos, ensinarnos e crer en nós. Sempre agradecidas. ☺️
💜Ás familias, cómplices de cada día, aínda que non lle queden moitos folgos, sempre veñen á aula cun sorriso sincero.🥰
💜Ás alumnas e alumnos que cada día enchen a aula hospitalaria e as habitacións de alegría e forza, máis da que ninguén pode imaxinar, sacada dalgún lugar secreto e que, altruistamente agasallan a todos os que estamos ao seu arredor: SODES GRANDES, MOI GRANDES 🤩
domingo, 16 de xuño de 2024
BAUTIZAMOS ÁS CABRAS DO CUNQUEIRO
Levamos un mes cunhas novas inquilinas no hospital: 5 cabuxas de raza autóctona galega e que teñen como misión o ecopastoreo, liberando así o uso de máquinas nas zonas verdes que rodean o hospital.
Pedíusenos, desde o hospital, que bautizaramos na Aula Hospitalaria ás cabuxas e como eran 5 distribuímos o traballo nas seccións:
- Aula hospitalaria de Pediatría (3ªplanta)
- Aula hospitalaria de U. Saúde Mental (2ª planta)
- Alumnado de Saúde Mental da 1ª Planta
- Habitacións de Pediatría
- Alumnado de Atención Educativa Domiciliaria
Convertemos os nomes máis votados en acrósitos… e este foi o resultado!