xoves, 27 de xuño de 2024

Pequeños pacientes. Grandes lectores!

 

Estamos moi contentas por anunciarvos que imos participar en #pequeñospacientesgrandeslectores de @culturaenvena .

Lede, lede! Que xa veredes que iniciativa tan chula:

💛Imaxina que escribes un conto… e que todos os pacientes dun hospital póidano ler!!

💛 “Pequenos pacientes, grandes lectores” é un programa de incentivo á lectura en hospitais para nenas, nenos e rapazada, creado pola Fundación Cultura en Vea.

💛 O obxectivo deste proxecto é incentivar a pacientes pediátricos (tanto ingresadas como ambulatorias) á escritura e lectura de contos baseados nas emocións.
👉🏽 o alummado que queira participar poderá escribir un conto para o uso e goce doutras nenas e nenos, así como público en xeral. Para axudar á rapazada para escribir o seu conto, producíronse 12 videotalleres cuxo contido aborda a xestión das emocións, así como aspectos básicos de escritura creativa.

💛 Os contos formarán parte dunha biblioteca dixital en liña, e unha selección deles participará nunha exposición itinerante por hospitais dentro do programa de Arte Ambulatoria de Cultura en Vea.

😉 O noso hospital, o Álvaro Cunqueiro de Vigo, @vigosergas poderá ter a expo a finais de ano e seguramente algún dos contos que presentemos ou presentedes poderá formar parte desa exposición 🤩

ANIMÁDEVOS. Preguntade na aula

 


 

xoves, 20 de xuño de 2024

CEIP A Paz tintureira!

 

Seguimos coas colaboracións co CEIP A Paz -
Tintureira.
Non son preciosas estas postais de nadal tan creativas no seu deseño e nas mensaxes con tanta forza???

Grazas e grazas.
Non nos cansamos de usar esta palabra porque non pode ser outra: GRAZAS!

#ceipapaz
#ceipapaztintureira




martes, 18 de xuño de 2024

FARO DA ESCOLA

Esperabamos este día coa satisfacción dun traballo feito, no que houbo moita xente detrás, moitas horas de ordenador e papeis e, sobre todo, un alumnado entregado para facer este primeiro periódico da Aula Hospitalaria, o seu periódico: FARO DA ESCOLA


E conseguímolo. A nosa aula, a AULA HOSPITALARIA DO H ÁLVARO CUNQUEIRO, xa é algo máis coñecida e o noso traballo, recoñecido.

Entre toda a emoción houbo risos e lágrimas porque algunhas destas mencións son moito máis que un premio e iso énchenos de moito orgullo.

Imos cos premios: 🥁🥁🥁🥁

🥉3º premio á mellor PORTADA
🥈2º premio ao mellor ESPAZO DE HUMOR
🥇1º premio á mellor Sección DE PASATEMPOS
🥇1º premio ao mellor DESEÑO
🥇1º e 🥉 3º premios á mellor CREACIÓN LITERARIA.
(Este último é moi especial porque sabemos que dentro de pouco AMY asinará os seus propios libros e nós presumiremos de ter sido as súas profes 🤭)

Nós queremos tamen dar os nosos premios, en forma de agradecemento:

💜A BRUNO, SONIA e ELÍAS por animarnos, ensinarnos e crer en nós. Sempre agradecidas. ☺️

💜Ás familias, cómplices de cada día, aínda que non lle queden moitos folgos, sempre veñen á aula cun sorriso sincero.🥰

💜Ás alumnas e alumnos que cada día enchen a aula hospitalaria e as habitacións de alegría e forza, máis da que ninguén pode imaxinar, sacada dalgún lugar secreto e que, altruistamente agasallan a todos os que estamos ao seu arredor: SODES GRANDES, MOI GRANDES 🤩

domingo, 16 de xuño de 2024

BAUTIZAMOS ÁS CABRAS DO CUNQUEIRO

Levamos un mes cunhas novas inquilinas no hospital: 5 cabuxas de raza autóctona galega e que teñen como misión o ecopastoreo, liberando así o uso de máquinas nas zonas verdes que rodean o hospital.


Pedíusenos, desde o hospital, que bautizaramos na Aula Hospitalaria ás cabuxas e como eran 5 distribuímos o traballo nas seccións:
- Aula hospitalaria de Pediatría (3ªplanta)
- Aula hospitalaria de U. Saúde Mental (2ª planta)
- Alumnado de Saúde Mental da 1ª Planta
- Habitacións de Pediatría
- Alumnado de Atención Educativa Domiciliaria

Convertemos os nomes máis votados en acrósitos… e este foi o resultado!


sábado, 24 de febreiro de 2024

Dereito á educación

 Xentiña linda exercendo o seu dereito á educación vindo á Aula Hospitalaria do Hospital Álvaro Cunqueiro e recibindo atención educativa nas habitacións.


Por elxs e para elex seguiremos traballando polos dereitos da nosa cativada, o noso alumnado.

🤩🤩#omeulumnadoéomellor
#pequenosvalientes
#pequenasvalientes
#díainternacionaldaeducación
@vigosergas
@edu.xunta



venres, 16 de febreiro de 2024

Día internacional contra o cancro na infancia e na adolescencia

 

Malia que no IS publicamos moito as actividades de aula, hai unha parte fundamental do noso traballo que é máis invisible pero tan importante e chea de cousas bonitas como as que vos amosamos aqui.

Esa parte é a de Onco Infantil.
O alumnado recibe atención educativa nas súas habitacións xa que precisan un entorno moi controlado. A alí vai Chus, co seu sorriso eterno, todos os días para traballar con elas e eles.
Tamén acude o profesodo de Atención Educativa Domiciliaria cando a alumna ou alumno está ingresado ou no hospital de día.

É fernoso este traballo porque esta cativada valente amósanos cada día a importancia dun sorriso, da forza de vontade, do apego, do cariño, do valor de cada persoa tal e como é.

Son un modelo para nós e con elxs aprendemos cada día, tamén -por suposto- a ser mellores.

Forza!!!

#stopcancro #stopcancerinfantil


 

xoves, 15 de febreiro de 2024

María Lado no Faro da Escola

 

🤩 Hoxe non é luns pero ao caso podemos dicir que o é.

🥳 E máis sabendo que tiñamos a visita de @lado_maria quen nos contou cousas moi interesantes e curiosas. Soubemos como foi a creación do libro CARAMOMIA que escribiu no confinamento xunto con @lediciacostas, @hematocritico e @srlandesa.

É un libro moi divertido que imos recomendar, sen dúbida, ao alumnado e no que hai algúns misterios agochados.

@bescolaresgal
#olunscontamos
@edicionsxeraisdegalicia
#caramomia


 

martes, 13 de febreiro de 2024

IX Edición do Faro da Escola

 

🖥⌨️📝 Superpreparadísimas para que o este xenial alumando cree o noso periódico.🗞

Xa andamos artellando as novas, os espazos, artículos, publicidade.📰

⚠️Aceptamos encantadas calqueira suxestión aporte ou idea. 🤩

Dicídenos, Que non pode faltar neste 1º número ?

@farodevigo
@bescolaresgal
#farodaescola
@vigosergas


luns, 12 de febreiro de 2024

Contos que axudan a sanar!

 

🤩 Sempre dicimos que o noso traballo é o máis bonito do mundo. Traballamos coa mellor materia prima.
Pero, sobre todas as bondades que poidamos enumerar, penso que o valor máis grande de ser mestra é que nos divertimos traballando. Se ademais axudamos a que o noso alumnado tamén potencie a súa creativodade e pase uns bos momentos, dicídeme, hai algo que o supere?
#suertuda🍀

@culturaenvena
@farodevigo
@bescolaresgal
@edu.xunta
@vigosergas
#pequeñospacientesgrandeslectores
#contacontosnabilio
#onosotraballoéomenor

 


 

domingo, 11 de febreiro de 2024

Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia

 

🧬No ano 2015, a ONU estableceu un Día Internacional para recoñecer o rol crítico que xogan as mulleres e as nenas na ciencia e a tecnoloxía, a través da Resolución A/RES/70/212. A finalidade é lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas, e ademais para lograr a igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres e nenas.

Lembremos que a ciencia e a igualdade de xénero son vitais para alcanzar os ODS, incluidos na Axenda 2030, nos que moitas das nosas bibliotecas escolares están a traballar.

Esta é unha data que cada ano se traballa máis nas bibliotecas cara a paliar a brecha de xénero nos sectores STEAM, visibilizando o traballo das mulleres nestas áreas e coñecendo as dificultades que atopan. Visitas de científicas, seleccións de lecturas, traballos de investigación e experimentación... son algunhas das actividades que ocupan os espazos científicos, creativos, manipulativos e colaborativos das mesmas.

Aquí unha pequena escolma de libros sobre científicas ou sobre ciencia escrito por mulleres. DISPONIBLES NA NOSA BIBLIOTECA!! 🤩

@bescolaresgal
#díainternacionaldamullereanenanaciencia
#11febreirodiadamullereanenanaciencia
#bibliotecasusanarodriguezgacio
#aulahospitalaria


 

venres, 9 de febreiro de 2024

XV Jornada de Pedagogía Hospitalaria

 

Como publica a nosa compi da Aula Hospitalaria de Lugo:
“A tarde de onte estivemos presentes nestas
×ornadas, onde puidemos comprobar que as Aulas
Hospitalarias de Galicia non estamos lonxe de ser
referentes en atención hospitalaria. A atención que
damos nas nosas aulas acércase moito ao que outros
hospitais están a desenvolver como o Hospital San
Joan de Deu, un referente a nivel nacional.”

@masterpedagogiahospitalariaub
@aulalucusaugusti
#pedagogíahospitalaria


 

Entroido!

 

Alummado da escola: na aula, nas habitacións; personal sanitario, mestras e alumnado dos domicilios…
Chegou o Entroido a @vigosergas na Aula Hospitalaria!!!


 

Superheroínas e superhéroes!

 

Participamos na 3ª Xornada das SUPERHEROÍNAS E SUPERHEROES de la Fundación La Nineta dels Ulls.

Con ela, colaboramos para dar a coñecer o retinoblastoma e os seus síntomas para
conseguir un diagnóstico precoz da enfermidade.

Por otra banda, o obxectivo principal da xornada é promover a inclusión de todos os nenos e nenas na nosa aula, porque todos somos diferentes e, por iso, todos somos especiais.

Aproveitando o Entroido construímos o noso escudo. Este protexerá o noso superpoder.

🛡S. ten o poder do sono… pode durmir horas e horas, ata todo o día.😴
🛡 B e M comparten o poder do raio ⚡️
🛡 A nai se A di ter o poder de ser boa e mala á vez ☯️ (di que obriga á filla a tomar as pastillas que lle manda o médico e rifa con ela)
🛡 I ten o poder do baile.. e que ben o fai!🩰
🛡 I (maior) ten o poder da Natureza. Nela síntese feliz.🍀
🛡M di que non ten ningún pero a creatividade que amosa o seu escudo agocha algo 🤩
🛡N deixou claro o seu superpoder: o debuxo!! 🎨
🛡Z di que lle gusta moito falar (e faino moi ben) 🗣
🛡L é súpertraballadora e responsable 🥰
🛡A dixo que tiña moitos superpoderes pero non os pode desvelar 🤩

E ti, que súperpoder tes? Como sería o escudo que o protexería?

#superheroïnesisuperherois
#superheroínasesuperheroes
#retinoblastoma
#escolahospitalariaconsuperpoderes

 


 

xoves, 8 de febreiro de 2024

Viva o entroido!

 

Na aula hospitalaria temos, como ben amosan as fotos, uns momentos de moita seriedade 🫢 e outros algo máis distendidos 🤪.
O meco mandaba traer cousas na cabeza, e nós sonos moi mandadiñas. 🫣

Mestras, alumnado e familias sempre xuntos!

#vivaoentroido
#tempodeentroido🎭🎉💙

 


 

mércores, 7 de febreiro de 2024

Día da lectura en voz alta!

 

🚨 7 de febreiro: Día da Lectura en Voz Alta.

Preguntarédevos, neste día tan especial que se leu na Biblioteca Susana Rodríguez Gacio? Pois a creación que fixemos na aula para @culturaenvena.

E volvimos a facer un marabilloso traballo en equipo co alumnado que veu á aula xogando con marionetas e creando un conto no que a emoción era o MEDO 😱.

Pasaremos a limpo o conto, farenos as ilustracións e pasará ao noso banco de contos.

En tamén levaremos este traballo ás habitacións!!!

Contámosvos un segredo 🤫? Faro de Vigo veu á aula para ver en directo como de profesional é a nosa rapazada. 🤩 Informarémosvos.

@bescolaresgal
@culturaenvena
#díadalecturaenvozalta
#pequeñospacientesgrandeslectores
@farodevigo

 


 

Faro da Escola

 

32 páxinas en branco e moitas novas que dar ao mundo.
A nosa pequena (e recién estrenada) redacción comeza unha ilusionante andaina:

CONFECCIONAR UN PERIÓDICO PARA “FARO DA ESCOLA”

E dito así, asústanos un pouco… pero veu Bruno á escola a explicarnos os aspectos máis importantes aos que atender, ideas coas que poder confeccionar unha noticia, xeitos de tirar as fotos… e xa estamos algo menos abrumadas e máis cheas de ilusión, se cabe.

E as cabeciñas do alumnado xa comezaron a aportar ideas. Seica mañá xa imos traballar nunha de F.

Pois mans á obra!!!

Por certo, estamos para atender as vosas peticións e se queredes aportar un bo tema para publicar, as mestras e o alumnado estaremos encantadas de recibir as vosas propostas ou a vós mesmxs.

@farodevigo
@vigosergas
@edu.xunta
#aulahospitalariacreativa
#farodaescola

 


 

luns, 5 de febreiro de 2024

Os luns contamos: Candeloria!

 

Hoxe foi un día moi entretido na aula hospitalaria:

📖🐦🐤 fantástica alumna de prácticas 🤩@zeltiaugusta preparounos unha sesión de contacontos que tivo a peques e adolescentes (unha manchea delxs) participando activamente na contada. 👏👏👏
🦜🦩Como foi o dia da Candeloria, quixenos festexalo hoxe tamén con paxariños de papiroflexia e o noso alumno O foi quen nos ensinou a facer grullas (complicado o tema)
Pero conseguimos facela, tamén avións, que non son paxaros pero tamén voan 🤪.

🫶🏽Moi bo rollo entre a rapazada. Gústanos ver que se unen e apoian, que non todo é estudar!

#unpoucoperdido
@nubeocho
#paxariñadepapel
#chuvisca
@kalandrakaeditora

@bescolaresgal

 

 

xoves, 1 de febreiro de 2024

Mandados do meco!

 

Preparando o Entroido e os mandados no Meco.
Ollo que o Luns xa comezamooooosssssss!!!!

 


Ramón Veiga!

 

Grande, Ramón!!! (Como din o noso alumnado maior 😉)
Que sorte a nosa de ter a este autor contándonos os seus proxectos pasados e vindeiros, como foi o proceso de creación de Miñoca e toda esa sabiduría arredor do Entroido galego.
Un luxo poder compartir mesa con el e fscer uns obradoiros de comic cos seus personaxes.

Graciñas @ramond.veiga por esta mañá tan entretida e inolvidable e a @farodevigo por darnos a oportunidade con esta marabillosa sesión.

@edicionsxeraisdegalicia
@bescolaresgal
#miñoca
#étempodeentroido
#nonpareafesta


 

Día internacional do mago!

 

O mellor mago do mundo mundial facendo maxia (literal e figurado) na nosa aula.

Levámonos un sorriso na cara e un montón de trucos que nos ensinou.

Que más podemos pedir?

GRAZAS, @cali.mago 🪄


 

martes, 30 de xaneiro de 2024

Calendario da Aula Hospitalaria

 Actualizamos o cadro con todas as horas nas que se complementa á Aula Hospitalaria grazas ás asociacións e fundacións que traballan arreo pola cativada e rapazada hospitalizada:

@asanog_galicia
@galiclown_pallasosdehospital
@fundacionabracadabra
@cali.mago
@bombeirosafouteza
@cruzrojajuventud
@bicos_de_papel
@fundaciontheodora
#centrodediavaladares

@vigosergas



DÍA INTERNACIONAL DA PAZ E DA NON VIOLENCIA.

 30 de xaneiro.☮️🕊

DÍA INTERNACIONAL DA PAZ E DA NON VIOLENCIA.

✌🏽Un día tan importante nunha escola non podía pasar desapercibido na nosa Aula Hospitalaria.

🧩Aproveitando que onte fixemos entre todos un puzzle (alumnado da aula e tamén o que non puido saír das habitacións) hoxe o rematamos e pegamos toda a pezas e… sorpresa! A PAZ estaba agochada nel! No mural tamén pegamos o bonito mandala que L. nos fixo con tanto cariño.
👑🧙🏽‍♀️👹🦅Contamos o conto co Kamishibai ‘A bolsa dos contos’ e con el inventamos un conto colectivo no que participou todo o alumnado que nese momento estaba na aula.

🐉🥷🏾🤴🏽Finalmente completaron o símbolo da paz coas súas creacións pintadas na cristaleira da aula.

☮️Bonito e pacífico día, si. 🤩🕊

#diadapaz
@bescolaresgal
#kamishibai



Día Mundial do Quebracabezas

 

Hoxe foi o Día Mundial do Quebracabezas e non podiamos facer outra cousa que un puzzle colectivo nonque cada nena e cada neno aportou a súa peza. Mañá, Día da Paz comoletaremos o puzzle e veremos que sorpresa agocha.

E o luns non podía quedar sen conto. Hoxe foi tamén un libro quebracabezas: Vexo, vexo un gato? que a marabillosa M axudou a contar.

@bescolaresgal
#lunsdecontadas
#diamundialdelrompecabezas