Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia
🧬No ano
2015, a ONU estableceu un Día Internacional para recoñecer o rol crítico
que xogan as mulleres e as nenas na ciencia e a tecnoloxía, a través da
Resolución A/RES/70/212. A finalidade é lograr o acceso e a
participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas,
e ademais para lograr a igualdade de xénero e o empoderamento das
mulleres e nenas.
Lembremos que a ciencia e a igualdade de
xénero son vitais para alcanzar os ODS, incluidos na Axenda 2030, nos
que moitas das nosas bibliotecas escolares están a traballar.
Esta
é unha data que cada ano se traballa máis nas bibliotecas cara a paliar
a brecha de xénero nos sectores STEAM, visibilizando o traballo das
mulleres nestas áreas e coñecendo as dificultades que atopan. Visitas de
científicas, seleccións de lecturas, traballos de investigación e
experimentación... son algunhas das actividades que ocupan os espazos
científicos, creativos, manipulativos e colaborativos das mesmas.
Aquí unha pequena escolma de libros sobre científicas ou sobre ciencia escrito por mulleres. DISPONIBLES NA NOSA BIBLIOTECA!! 🤩
@bescolaresgal
#díainternacionaldamullereanenanaciencia
#11febreirodiadamullereanenanaciencia
#bibliotecasusanarodriguezgacio
#aulahospitalaria
Ningún comentario:
Publicar un comentario