“Sen cita previa” nace coa intención de visibilizar unha realidade: na Aula Hospitalaria (AH) e na Atención Domiciliaria (AD) ten cabida esa parte do noso alumnado cun maior plus de diversidade, desas diferenzas que tanto nos enriquecen e suman... Falamos de educación personalizada con maiúsculas, xa que a maiores da actividade propiamente educativa e curricular, cómpre engadir tamén unha intervención case terapeútica. Dámosvos a benvida!
venres, 26 de marzo de 2021
A nosa Biblioteca
Na Aula Hospitalaria procuramos ter unha coidada oferta de fondos, procurando abarcar todas as idades e preferencias, pero sempre en continuo crecemento e revisión.
Nestes intres, imos comezar duas novas "aventuras":
Unha referente ás Familias, para crear un espazo e uns fondos axeitados, e outra para abrir fronteiras: xa temos unha proposta moi chula do CEIP Eduardo Pondal, para compartir contos... agardamos ir avanzando moito máis!
Ningún comentario:
Publicar un comentario