“Sen cita previa” nace coa intención de visibilizar unha realidade: na Aula Hospitalaria (AH) e na Atención Domiciliaria (AD) ten cabida esa parte do noso alumnado cun maior plus de diversidade, desas diferenzas que tanto nos enriquecen e suman...
Falamos de educación personalizada con maiúsculas, xa que a maiores da actividade propiamente educativa e curricular, cómpre engadir tamén unha intervención case terapeútica.
Dámosvos a benvida!
martes, 23 de marzo de 2021
Diplomas Cunqui
Estamos de moitas estreas! unha delas son uns amorosos diplomiñas, coa nosa mascota "Cunqui" xa incorporada, que se fixeron nestes días por mor do recente concurso de debuxos.
Moitísimas grazas a todos e a todas por participar!
Ningún comentario:
Publicar un comentario