“Sen cita previa” nace coa intención de visibilizar unha realidade: na Aula Hospitalaria (AH) e na Atención Domiciliaria (AD) ten cabida esa parte do noso alumnado cun maior plus de diversidade, desas diferenzas que tanto nos enriquecen e suman... Falamos de educación personalizada con maiúsculas, xa que a maiores da actividade propiamente educativa e curricular, cómpre engadir tamén unha intervención case terapeútica. Dámosvos a benvida!
domingo, 11 de febreiro de 2024
Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia
🧬No ano
2015, a ONU estableceu un Día Internacional para recoñecer o rol crítico
que xogan as mulleres e as nenas na ciencia e a tecnoloxía, a través da
Resolución A/RES/70/212. A finalidade é lograr o acceso e a
participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas,
e ademais para lograr a igualdade de xénero e o empoderamento das
mulleres e nenas.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario