venres, 17 de decembro de 2021

Desexos que fan un mundo!

Un mundo que por aquí , tanto na Aula Hospitalaria como nas casas có alumnado de Atención Domiciliaria, ten uns límites moi axustados... 

E os límites cambian a mirada,non si?  Pero non nos deixa de sorprender que ese ollar que os nosos nenos e nenas teñen do mundo, do seu mundo, é sempre fermoso, pese a todo, pese as circunstancias.

Porque son uns valentes que levan posto, día tras día, un sorriso para agasallar aos demáis e unha forza mooi especial que ás veces mesmo parece ser ....outras moitas cousas.

Por vós é Nadal, sempre! 








Creatividade

 Unha das moitas creacións de Victoria : así fai as cousas ela, caladiña e a tope de forza creativa!



VALENTE!









A nosa árbore de Nadal

 E con todas as aportacións das nenas e nenos , dos profes e de cantos queiran participar...así de chula quedóu a nosa árbore de Nadal!






          BO  NADAL!














xoves, 16 de decembro de 2021

Grazas mil, OQO!

                                                              


O  Nadal chegóu xa á nosa Aula Hospitalaria! A Editorial OQO mandounos duas caixas cheíñas dos seus marabillosos libros, en galego e castelán, para os nosos peques!  👏👏👏










domingo, 12 de decembro de 2021

Nadal en galego

 Desexos cós que soñamos, verbas cun significado moooi especial, letras que se xuntan e apertan, bicos ao noso idioma...boliñas de prata e ouro que queren ser realidade: xuntas fan maxia: a maxia do Nadal! 🙌









    
































sábado, 11 de decembro de 2021

O Nadal vai chegando...

 Xa queda pouquiño para o Nadal, e na aula nótase en todos os rincóns! pero sobre todo, no de expresión plástica: árbores, estrelas, renos...

Tamén nas lecturas escollidas, na música que escoitamos, nas conversas e nos desexos .