xoves, 30 de novembro de 2023

Resumo: NOVEMBRO: MES DA CIENCIA EN GALEGO NA BIBLIOTECA

Na Aula Hospitalaria tamén apostamos, como non!!!, pola Ciencia e achegámola ao noso alumnado e familias.

Novembro foi un mes cargado de ciencia en diferentes ámbitos e experiencias:

Experimentos (grazas ao alumnado e profesorado de Enxeñaría Biomédica da @universidadedevigo) que acudiu á súa cita dos Luns de Ciencia Divertida. (ver todas as fotos no mes de novembro neste blog ou no Instagram)


Contos e manualidades como papiroflexia. Adicamos unha das nosas contadas dos luns ao conto POR CUATRO ESQUINITAS DE NADA, unha historia inclusiva e xeométrica!!


E libros moi interesantes expostos na biblioteca da Aula Hospitalaria. (ver vídeo premendo a imaxe)


Quédanos como asignatura pendente 😔 ter material de divulgación e ciencia EN GALEGO. Imos meter ese desexo nas cartas de Nadal 😉. (Decatámonos que so temos un de @kalandrakaeditora )
@bescolaresgal 
#bescolascreativas
#mesdacienciaengalegonasbibliotecas 
#mesdaciencia

sábado, 25 de novembro de 2023

PROGRAMA DE NADAL na Aula Hospitalaria.


Xa temos case pechado o noso programa de Nadal. 🎅🎄🎉

Impresionante as interesantes e variadas actividades💫 que temos preparadas para o noso alumnado e as súas familias.
 
Esperamos que vos gusten e que gocedes tanto coma nós preparándoas.



 

venres, 24 de novembro de 2023

25 de novembro: QUE NON SE TE VAIA A PINZA!


Que sorte tivemos que na véspera do #25n o alumndo do @colegio.sjosedelaguia preparounos unhas moi acertadas actividades para traballar as emocións, a seguridade e o coñecemento dunha mesma/o.


E xa antes traballamos nas habitacións e na Aula Hospitalaria coas nosas tarxetas e pinzas que fomos colgando no tendal da escola:


E non se nos vai a pinza, claro que non! A Aula Hospitalaria de Vigo é un ESPAZO SEGURO! 💜

xoves, 23 de novembro de 2023

Conto e música: CMUS de Vigo preséntanos OS CANS DE CANS

 🤩Como nos gustou este conto: unha historia moi orixinal na que a música tamén é a protagonista… e os cans de Cans 🐕🐕

Unha marabilla de cuarteto que nos ofreceu un agradable e divertido tempo.🎺🎻🎹
Parabéns e GRAZAS a Nicasio e os tres músicos que fixeron maxia na Aula hospitalaria do Cunqueiro.
Grazas ao @festivaldecans polos agasallos@🥰

@bescolaresgal 
@cmusvigo 
@festivaldecans



luns, 20 de novembro de 2023

Luns, 20 novembro: CIENCIA E EXPERIMENTOS

🔬 Outro luns máis no que o alumnado de Enxeñaría Biomédica nos achega a Ciencia á Aula Hospitalaria.

💫Moi divertidos os experimentos e un puntazo as mascotas en forma de calcetíns que levou a cativada con tanto mimo!!!
Parabéns e Grazas!


domingo, 19 de novembro de 2023

CATÁLOGO ONLINE DA BIBLIOTECA: KOHA

Na biblioteca da AULA HOSPITALARIA estamos a catalogar os libros e xogos que temos… que son moooitos!

Agora xa temos o programa Koha que permite que:
👉🏽 vexades o catálogo, 
👉🏽 saibades se o libro que vos interesa está disponible
👉🏽 facer unha reserva

📱ENTRA co QR!

Tamén con esta ligazón: https://aulahospitalariavigo.edubib.xunta.gal
@bescolaresgal 
#koha

venres, 17 de novembro de 2023

Concertos na Aula Hospitalaria polo CSM de Vigo

Comezamos un novo proxecto co Conservatorio Superiror de Música de Vigo.

Van ter arredor de 40concertos en distintos lugares do Hospital Álvaro Cunqueiro e, como non!, tamén acudirán á nosa Aula Hospitalaria.

E xa temos algunha data:

O 23 de Novembro interpretarán o conto "Os Cans de Cans" para instrumentos e narrador, de Nicasio Gradaille (catedrático de CSM de Vigo)

30 de Novembro  interpretarán o conto "As clases de Tuba", por Ignacio Fernandez

19 de Decembro: Concerto de Nadal.



Venres de emocións: 17 de novembro.

Outro día cheo de Emocións coas cateo fantásticas alumnas de EDUCACIÓN INFANTIL que entretiveron ao alumnado á vez que traballaban os sentimentos.
Grazas!

@colegio.sjosedelaguia



 

xoves, 16 de novembro de 2023

Proxecto PICASSO: UNHA MIRADA DIVERSA. O espantallo.

 Proxecto🎨 PICASSO: unha mirada diversa.

Comezamos visitando a CASA MUSEO PICASSO de A CORUÑA. 

Si, líchedes ben!!! Visitamos a casa onde viviu o xoven Picasso grazas que desde aí fixeron especialmente para nós un vídeo presentación da casa e cada unha das súas estancias e unhas actividades súperchulas. GRAZAS!!!!!

E como neste mes de novembro estamos a traballar a escultura iniciamos a elaboración dun espantallo que imos darlle ao CEIP TINTUREIRA para que coloquen na súa horta escolar.
Está quedando moooi chulo! 🤩

O compi ISMAEL está organizando esta actividade que tanto gusta ao alumnado (e profesorado! 🤭🤭)



sábado, 11 de novembro de 2023

Libro do mes: NO SON MARIPOSAS, SON ELEFANTES

 


NO SON MARIPOSAS, SON ELEFANTES de @sonia_miron .

No día das librarías non podiamos estar noutro sitio e, se ademais é na presentación do libro da
marabillosa Sonia, xa era case unha fantástica obriga.

Un libro de adolescencia, relacións sociais e sentimentos onde as etiquetas non son sempre permanentes.

Disponible na nosa Biblio escolar: 
👉🏽https://aulahospitalariavigo.edubib.xunta.gal

venres, 10 de novembro de 2023

Venres de Emocións. 10 nov.

 Volvemos a encher a clase con actividades en torno ás emocións.

Interesantes propostas do alumnado do CFGS de Educación Infantil.



mércores, 8 de novembro de 2023

Proxecto Picasso novembro: ESCULTURA.

🎯A escultura é unha arte que consiste en tallar, ensamblar ou modelar certos materiais para obter unha

representación en tres dimensións. Picasso concibía a escultura como unha forma de expresión, así como o eran para el a pintura, o debuxo, o gravado ou a cerámica. Ao longo da súa vida artística, Picasso empregou nas súas esculturas todos os materiais ao seu alcance: madeira, bronce, ferro, cemento, aceiro ou xeso. 

👉 Partindo disto e, da actividade proposta polo Museo Picasso Málaga, crearemos personaxes e formas a partir de diferentes materiais, enchendo a planta de pediatría do Cunqueiro coas nosas propias creacións.

👉 Por outra banda, nun traballo de colaboración co CEIP Tintuteira imos crear un espantallo cubista para a súa horta.

👉 E para rematar temos a grandísima sorte de que a Casa Museo Picasso de A Coruña, preparounos un vídeo amosándonos a casa e unhas actividades para realizar na aula sobre o que na casa-museo hai. 

Un luxazo!😄


Así que mans á obra...COMEZAMOS!

martes, 7 de novembro de 2023

Momentos de seriedade e traballo de aula

😉💬 Aparte de todas as actividades que se levan a cabo na Aula Hospitalaria, todos os días temos uns momentos (de 10.15 a 11.30h.) adicados ás tarefas escolares 📝📒que trae o noso alumnado propostas polo seu respectivo profesorado dos coles. Traballamos tanto na aula como nas habitacións.

 



sábado, 4 de novembro de 2023

Venres de emocións

CFGS de Educación Infantil: Módulo Desenvolvemento socioafectivo

Bonito traballo emocional e de cohesión a través de versións de xogos "de toda a vida": jenga, quen é quen... no que participamos todxs!! 
Grazas a Marcos e ao seu alumnado que os venres enchen a aula de propostas moi interesantes (e que copiamos para outras veces!)😊
venres 3 nov de Amalia Otero

xoves, 2 de novembro de 2023

😀💫Hoxe estamos de noraboa porque xa conseguimos o KOHA, programa informático de bibliotecas que ademais de facilitarnos a tarefa de catalogación, ten unha web moi visual e intuitiva para que toda a comunidade educativa coñeza cal é o noso catálogo de libros e xogos.

Dádenos un tempiño para ir catalogando toooodo o que temos e... a mover todo este material polas habitacións!!!




ou accede co QR:


 

Novembro: MES DA CIENCIA EN GALEGO NA BIBLIO.

🔬🔝Volvemos ter a visita do alumnado de 3º de Enxeñaría Biomédica que nos traen experiementos que ben parecen maxia!