sábado, 26 de febreiro de 2022

Entroido e Biblioteca

 As nosas recomendacións para estes días poderían ser estes dous fermosísimos e moi traballados libros, que están, sen dúbida algunha, entre os nosos favoritos.














venres, 25 de febreiro de 2022

Festa rachada!

 Onte e hoxe continuamos coa festa, na Aula Hospitalaria e tamén na Atención Domiciliaria!!


E para mostra, aquí vos deixamos un feixiño de imaxes que representan os momentos que compartimos e disfrutamos. Feliz Entroido, tamén no hospital e nas casas!


















xoves, 24 de febreiro de 2022

Comezamos!

Pois o noso alumnado sí que é "ben mandadiño" ! Hoxe a aula encheuse de pares de pés diferentes e  mesmo algún de nós parecía ter unha leve coxeira por facer mal os cálculos de calzado e elexir un par desigual de máis en altura 😅😂






E mentras tanto, imos decorando a nosa aula para o remate de festa! 😍😊





















martes, 22 de febreiro de 2022

Quentando motores


                                                                          



O noso MECO particular deixounos hoxe ben clariño cales eran os seus mandados de Entroido: imos ver o que pasa!

E mentras tanto, na aula , os obradoiros están a ferver! 😏











martes, 15 de febreiro de 2022

Aloumiños

Pero qué alegría tan grande sentimos o equipo de profes cando alguén como Valeria nos adica cousiñas tan chulas! 😊 Graciñas mil! 💚💗💜






15 de Febreiro

 



Hoxe tivemos na aula unhas visitas super especiáis, das que nos enchen de alegría, animan e deixan sempre moooitas ganas de repetir : música, baile, risas a esgalla, complicidade...

Grazas mil a Galiclown pola fermosa labor coa que nos agasallan,  por como son e por como fan que se sintan os nosos cunquiños e cunquiñas.