venres, 26 de marzo de 2021

A nosa Biblioteca

Na Aula Hospitalaria procuramos ter unha coidada oferta de fondos, procurando abarcar todas as idades e preferencias, pero sempre en continuo crecemento e revisión. Nestes intres, imos comezar duas novas "aventuras":
Unha referente ás Familias, para crear un espazo e uns fondos axeitados, e outra para abrir fronteiras: xa temos unha proposta moi chula do CEIP Eduardo Pondal, para compartir contos... agardamos ir avanzando moito máis!

martes, 23 de marzo de 2021

Diplomas Cunqui

Estamos de moitas estreas! unha delas son uns amorosos diplomiñas, coa nosa mascota "Cunqui" xa incorporada, que se fixeron nestes días por mor do recente concurso de debuxos.
Moitísimas grazas a todos e a todas por participar!

luns, 22 de marzo de 2021

Grazas mil, MÍA MANDARINA!

Grazas a xenerosa donación de "MÍA MANDARINA", unha chea de fermosísimas axendas puxeron un sorriso nas cariñas dos nosos nenos e nenas: na atención educativa domiciliaria, no hospital, no centro de día...só resta agradecerlle a Sara, una vez máis, a sua sensibilidade e a sua aportación, en nome de todo o Equipo !

martes, 16 de marzo de 2021

Cunqui, o noso polbiño

Ao entrar en Pediatría, mesmo parece que nos estiveramos a misturar coa Ría de Vigo e os seus personaxes infantís favoritos: Cunqui e os seus mariñeiros, que nos falan das distintas emocións que os nosos nenos e nenas poden chegar a sentir...non si? Capitán Cunqui, o polbiño amoroso e mandarico, o peixe Soñico, sempre con sono e sempre cansadiño!, o golfiño Alegro, ao que nunca lle faltan as ganas de brincar, a estrela de mar Meda, que non se fía de ninguén! sempre ten medo, o caranguexo Furio, permanentemente enfurruñado e a ameixa Ostriña, apoucada e cheíña de tristura...
Na Aula Hospitalaria, no Cole do Hospital, quixemos incorporar un amiguiño novo para axudarlles a por un chisquiño de mesura con tanto sentimento...e así nace outro Cunqui,un polbiño cheo de cores e mirada doce, froito da interpretación que do Cunqui orixinal fixeron os nosos alumnos e alumnas: Gústavos?

venres, 12 de marzo de 2021

As nosas pegadas

Na Atención Domiciliaria fanse chulísimas actividades de cohesión: aquí tedes un fermoso exemplo da profe Marta, gústavos?

mércores, 10 de marzo de 2021

Xa temos o debuxo gañador

 Tras unha longa xornada de deliberación e debate...





Decidimos entre todos quen serían os tres finalistas, así como o debuxo que faría de logotipo do noso blog. Velaquí os tedes:





Irene I.I.






Brais G. B.






Rodrigo G.F.

luns, 8 de marzo de 2021

Xa temos finalistas!

 Nada máis e nada máis menos que foron 33 os debuxos finalistas!! 




S
A.C.A.

ANA


           

AFDS



ALBA
AEJ

ASHLEY
BRAIS



L.

CANDELA

CARLA






D.S.T.

E.M.T.

E.N.P.

I.G.R.

I.I.I.

JAVIER

JOSÉ

JOEL

K.R.D.
L.V.R.
LUCAS





N.R.D.

OLIVER

G.I.T.

RODRIGO

RUBÉN

SABELA

SABELA
SOFÍA

SHEILA



SIRA




VALERIA



N.R.C.




venres, 5 de marzo de 2021

Quen somos?

 Esta é a Orla do curso 2021-2022! E aquí queda tamén a "versión foto" do equipo 👍













Aquí vos deixamos a orla do profesorado de Atención domiciliaria e Aula hospitalaria deste curso 2020 - 2021, no que comezamos andadura compartida.





Orla profes AH - AD

Foto profes AH - AD