xoves, 23 de febreiro de 2023

luns, 20 de febreiro de 2023

Revoltallos e Arlequíns

Nestes días que "cheiran" a Entroido, a figura do Arlequín, que Pablo Picasso pinta unha e outra vez xa dende a súa Etapa Rosa, nos sirve de inspiración para falar e traballar acerca dos "Eternos Contrastes": unha apariencia chea de ledicia pode agochar debaixo da máscara alegría e tristura...

O traballo emocional na Aula ten moitos vínculos coa idea, que aproveitamos de seguido...

O arlequín, por outra banda, é unha figura tanto simbólica como estética, que Picasso recrea continuamente e aproveitamos tamén para traballar na Plástica as expresións.
























venres, 17 de febreiro de 2023

Remata o Entroido

 Hoxe rematamos de cumprir os mandadiños do noso "LegoMeco" 😊

En moitos coles as nenas e nenos van nestes días en pixama, pero no noso , como en pixama xa imos todos os días, nestes, sobre todo hoxe,  foi xenial poder ir vestidas "de calle"... ou do que nos petara!











mércores, 15 de febreiro de 2023

Emocións a esgalla!

Pero cánta diversidade de pés temos hoxe por aquí ! 👏👏👏😅🎈

Con moi bo pé comezamos tamén hoxe o día: visitiñas moi especiais dende primeira hora e un "sin parar" o resto da xornada! 

O alumnado de IES Primeiro de Marzo, de Baiona fixo, por mor do Día do Cancro Infantil i en colaboración con ASANOG, un obradoiro emocional có alumnado da Aula Hospitalaria...que foi un verdadeiro pracer! Moitíiiisimas grazas a Noelia, Alba, Lara e Ángela!






















martes, 14 de febreiro de 2023

15 F




Hoxe é un día moi importante 💚💙💛💜💗 

Porque visibilizalo é unha obriga...💪💪💪

...e porque ás risas e as apertas tamén curan! 😊😉

 Sal e Pementa 💌🎈🎭🎶🌟✨




Enorme recoñecemento a todo o persoal sanitario que está en "primeira línea": Dra Tallón , Mari Carmen, Silvia e Rosa no Hospital de Día...e un longo etc.
Dende o recunchiño noso, do profesorado e demáis persoal da aula, seguiremos a facer o intento de  poder aportar o noso graniño de area e ampliar a nosa formación.




E a nosa inmensa gratitude para ASANOG e Lucía, que están en permanente comunicación con nós e  sempre aportando, sumando...❤❤










Luns de entroido

 






domingo, 12 de febreiro de 2023

Comeza o Entroido / 23 !

Imos a por todas! Xa é luns! 🎉🎉🎭

O noso Meco pon os seus Mandados e nós estamos desexando cumprir cada un deles!






venres, 10 de febreiro de 2023

Atención Educativa Domiciliaria

Na AED tamén se fan moitas , pero que moooitas cousas ! E se traballa dabondo!

Para mostra, un botón: aquí vos deixamos o ben que o pasa Amelia aprendendo a escribir o seu nome e as reflexións de Aktis no "Libro dos Nomes", dous dos vinte campións que temos cada día traballando nas súas casiñas ❤❤









mércores, 8 de febreiro de 2023

Propostas interesantes

Algunha das nosas propostas poida que vos pareza útil, divertida incluso ou simplemente interesante e curiosa: vos animades a probar?😉