xoves, 30 de novembro de 2023

Resumo: NOVEMBRO: MES DA CIENCIA EN GALEGO NA BIBLIOTECA

Na Aula Hospitalaria tamén apostamos, como non!!!, pola Ciencia e achegámola ao noso alumnado e familias.

Novembro foi un mes cargado de ciencia en diferentes ámbitos e experiencias:

Experimentos (grazas ao alumnado e profesorado de Enxeñaría Biomédica da @universidadedevigo) que acudiu á súa cita dos Luns de Ciencia Divertida. (ver todas as fotos no mes de novembro neste blog ou no Instagram)


Contos e manualidades como papiroflexia. Adicamos unha das nosas contadas dos luns ao conto POR CUATRO ESQUINITAS DE NADA, unha historia inclusiva e xeométrica!!


E libros moi interesantes expostos na biblioteca da Aula Hospitalaria. (ver vídeo premendo a imaxe)


Quédanos como asignatura pendente 😔 ter material de divulgación e ciencia EN GALEGO. Imos meter ese desexo nas cartas de Nadal 😉. (Decatámonos que so temos un de @kalandrakaeditora )
@bescolaresgal 
#bescolascreativas
#mesdacienciaengalegonasbibliotecas 
#mesdaciencia

sábado, 25 de novembro de 2023

PROGRAMA DE NADAL na Aula Hospitalaria.


Xa temos case pechado o noso programa de Nadal. 🎅🎄🎉

Impresionante as interesantes e variadas actividades💫 que temos preparadas para o noso alumnado e as súas familias.
 
Esperamos que vos gusten e que gocedes tanto coma nós preparándoas.



 

venres, 24 de novembro de 2023

25 de novembro: QUE NON SE TE VAIA A PINZA!


Que sorte tivemos que na véspera do #25n o alumndo do @colegio.sjosedelaguia preparounos unhas moi acertadas actividades para traballar as emocións, a seguridade e o coñecemento dunha mesma/o.


E xa antes traballamos nas habitacións e na Aula Hospitalaria coas nosas tarxetas e pinzas que fomos colgando no tendal da escola:


E non se nos vai a pinza, claro que non! A Aula Hospitalaria de Vigo é un ESPAZO SEGURO! 💜

xoves, 23 de novembro de 2023

Conto e música: CMUS de Vigo preséntanos OS CANS DE CANS

 🤩Como nos gustou este conto: unha historia moi orixinal na que a música tamén é a protagonista… e os cans de Cans 🐕🐕

Unha marabilla de cuarteto que nos ofreceu un agradable e divertido tempo.🎺🎻🎹
Parabéns e GRAZAS a Nicasio e os tres músicos que fixeron maxia na Aula hospitalaria do Cunqueiro.
Grazas ao @festivaldecans polos agasallos@🥰

@bescolaresgal 
@cmusvigo 
@festivaldecans



luns, 20 de novembro de 2023

Luns, 20 novembro: CIENCIA E EXPERIMENTOS

🔬 Outro luns máis no que o alumnado de Enxeñaría Biomédica nos achega a Ciencia á Aula Hospitalaria.

💫Moi divertidos os experimentos e un puntazo as mascotas en forma de calcetíns que levou a cativada con tanto mimo!!!
Parabéns e Grazas!


domingo, 19 de novembro de 2023

CATÁLOGO ONLINE DA BIBLIOTECA: KOHA

Na biblioteca da AULA HOSPITALARIA estamos a catalogar os libros e xogos que temos… que son moooitos!

Agora xa temos o programa Koha que permite que:
👉🏽 vexades o catálogo, 
👉🏽 saibades se o libro que vos interesa está disponible
👉🏽 facer unha reserva

📱ENTRA co QR!

Tamén con esta ligazón: https://aulahospitalariavigo.edubib.xunta.gal
@bescolaresgal 
#koha

venres, 17 de novembro de 2023

Concertos na Aula Hospitalaria polo CSM de Vigo

Comezamos un novo proxecto co Conservatorio Superiror de Música de Vigo.

Van ter arredor de 40concertos en distintos lugares do Hospital Álvaro Cunqueiro e, como non!, tamén acudirán á nosa Aula Hospitalaria.

E xa temos algunha data:

O 23 de Novembro interpretarán o conto "Os Cans de Cans" para instrumentos e narrador, de Nicasio Gradaille (catedrático de CSM de Vigo)

30 de Novembro  interpretarán o conto "As clases de Tuba", por Ignacio Fernandez

19 de Decembro: Concerto de Nadal.



Venres de emocións: 17 de novembro.

Outro día cheo de Emocións coas cateo fantásticas alumnas de EDUCACIÓN INFANTIL que entretiveron ao alumnado á vez que traballaban os sentimentos.
Grazas!

@colegio.sjosedelaguia



 

xoves, 16 de novembro de 2023

Proxecto PICASSO: UNHA MIRADA DIVERSA. O espantallo.

 Proxecto🎨 PICASSO: unha mirada diversa.

Comezamos visitando a CASA MUSEO PICASSO de A CORUÑA. 

Si, líchedes ben!!! Visitamos a casa onde viviu o xoven Picasso grazas que desde aí fixeron especialmente para nós un vídeo presentación da casa e cada unha das súas estancias e unhas actividades súperchulas. GRAZAS!!!!!

E como neste mes de novembro estamos a traballar a escultura iniciamos a elaboración dun espantallo que imos darlle ao CEIP TINTUREIRA para que coloquen na súa horta escolar.
Está quedando moooi chulo! 🤩

O compi ISMAEL está organizando esta actividade que tanto gusta ao alumnado (e profesorado! 🤭🤭)



sábado, 11 de novembro de 2023

Libro do mes: NO SON MARIPOSAS, SON ELEFANTES

 


NO SON MARIPOSAS, SON ELEFANTES de @sonia_miron .

No día das librarías non podiamos estar noutro sitio e, se ademais é na presentación do libro da
marabillosa Sonia, xa era case unha fantástica obriga.

Un libro de adolescencia, relacións sociais e sentimentos onde as etiquetas non son sempre permanentes.

Disponible na nosa Biblio escolar: 
👉🏽https://aulahospitalariavigo.edubib.xunta.gal

venres, 10 de novembro de 2023

Venres de Emocións. 10 nov.

 Volvemos a encher a clase con actividades en torno ás emocións.

Interesantes propostas do alumnado do CFGS de Educación Infantil.



mércores, 8 de novembro de 2023

Proxecto Picasso novembro: ESCULTURA.

🎯A escultura é unha arte que consiste en tallar, ensamblar ou modelar certos materiais para obter unha

representación en tres dimensións. Picasso concibía a escultura como unha forma de expresión, así como o eran para el a pintura, o debuxo, o gravado ou a cerámica. Ao longo da súa vida artística, Picasso empregou nas súas esculturas todos os materiais ao seu alcance: madeira, bronce, ferro, cemento, aceiro ou xeso. 

👉 Partindo disto e, da actividade proposta polo Museo Picasso Málaga, crearemos personaxes e formas a partir de diferentes materiais, enchendo a planta de pediatría do Cunqueiro coas nosas propias creacións.

👉 Por outra banda, nun traballo de colaboración co CEIP Tintuteira imos crear un espantallo cubista para a súa horta.

👉 E para rematar temos a grandísima sorte de que a Casa Museo Picasso de A Coruña, preparounos un vídeo amosándonos a casa e unhas actividades para realizar na aula sobre o que na casa-museo hai. 

Un luxazo!😄


Así que mans á obra...COMEZAMOS!

martes, 7 de novembro de 2023

Momentos de seriedade e traballo de aula

😉💬 Aparte de todas as actividades que se levan a cabo na Aula Hospitalaria, todos os días temos uns momentos (de 10.15 a 11.30h.) adicados ás tarefas escolares 📝📒que trae o noso alumnado propostas polo seu respectivo profesorado dos coles. Traballamos tanto na aula como nas habitacións.

 



sábado, 4 de novembro de 2023

Venres de emocións

CFGS de Educación Infantil: Módulo Desenvolvemento socioafectivo

Bonito traballo emocional e de cohesión a través de versións de xogos "de toda a vida": jenga, quen é quen... no que participamos todxs!! 
Grazas a Marcos e ao seu alumnado que os venres enchen a aula de propostas moi interesantes (e que copiamos para outras veces!)😊
venres 3 nov de Amalia Otero

xoves, 2 de novembro de 2023

😀💫Hoxe estamos de noraboa porque xa conseguimos o KOHA, programa informático de bibliotecas que ademais de facilitarnos a tarefa de catalogación, ten unha web moi visual e intuitiva para que toda a comunidade educativa coñeza cal é o noso catálogo de libros e xogos.

Dádenos un tempiño para ir catalogando toooodo o que temos e... a mover todo este material polas habitacións!!!




ou accede co QR:


 

Novembro: MES DA CIENCIA EN GALEGO NA BIBLIO.

🔬🔝Volvemos ter a visita do alumnado de 3º de Enxeñaría Biomédica que nos traen experiementos que ben parecen maxia!

domingo, 29 de outubro de 2023

OS LUNS CONTAMOS: "Como mola tu escolba" con kamishibai

👻 OS LUNS CONTAMOS, e como estamos en tempos de Samaín puidemos botarnos a voar con COMO MOLA TU ESCOBA! de Julia Donalson.🎃💀

E co Kamishinai!! 🎩

SAMAÍN: Recomendacións lectoras da Biblioteca

🎃Neste tempo tan especial e divertido deixámosvos algúns dos libros que podes vir coller á Biblioteca  Escolar da Aula Hospitalaria. 


venres, 27 de outubro de 2023

A rapazada da Aula Hospitalaria compartiu uns momentos moi interesantes e divertidos grazas ao alumnado de prácticas do módulo de DESENVOLVEMENTO SOCIOAFECTIVO do CFGS de EI @colegio.sjosedelaguia 

Como nós non poñemos nota, si lles imos dar 10 👏🏼

Grazas aos tres!!! 🥰

BIBLIOTECA DE SAMAÍN

 🎃Que podemos ler no Samaín?💀

🔝Vinde á biblio do hospi que temos preparados xeniais libros para todos: peques, maiores e familias.

😜E non nos digades que vos aburrides!!!! 🥳🥳

xoves, 26 de outubro de 2023

Estamos na web de Bibliotecas Escolares de Galicia!!!!!

 🤩 Moi contentas e ilusionadas levamos todo o día despois de ver que o noso traballo na biblio é valorado e publicado na web das Bibliotecas Escolares de Galicia @bescolaresgal .

😊Seguiremos traballando para que o noso alumnado e as familias disfruten da biblio e das súas actividades.
#bescolaresgal 
#bescolaresgalabertas



martes, 24 de outubro de 2023

DÍA DAS BIBLIOTECAS: Obradoiro de creación de cadernos

😊Hoxe foi un día moi especial na Escola Hospitalaria porque a nosa Biblio está de conmemoración: É o seu día!! 📚💫

📒Así que convidamos ao alumnado e ás familias a un obradoiro no que tiveron que "tunear" os seus cadernos. 

Con tanto material era complicado comezar pero unha vez se puxeron mans á obra... 

Como sempre, esta foi unha actividade desenvolvida na Aula e tamén nas habitacións daquel alumnado que non podía asistir. 

🎁E como estabamos de conmemoración da biblio, cada un levou a súa mochila con agasallos e libros que nos foran doados.

💯Parabéns ás bibliotecas que tan boa labor fan.

💯Parabéns ao noso alumando que tanto alegra a biblio e a escola.

💯Parabéns ás familias que tan cóbado a cóbado traballan con nós.

💯Parabéns a Manu e Lara, profes de domiciliaria, que estiveron a pé do cañón para que esta actividade fora un éxito. 

> de Amalia Otero

luns, 23 de outubro de 2023

Xa cheira a Samaín!

 Tic tac tic tac....polas habitacións xa van aparecendo pantasmas, arañas, morcegos...!!🌘🎃🎃🎃

(Preme no carrusel para ver todas as imaxes)


E tamén traballamos o Samaín na Aula seguindo o Proxecto: PICASSO, UNHA MIRADA DIVERSA; que no mes de Outubro adicámolo ao retrato.


domingo, 22 de outubro de 2023

OS LUNS CONTAMOS... o alumnado protagonista x 2 bandas!

 😁Non podemos estar máis contentas coa contada de hoxe!!! 

Cambiamos os papeis: os GAITO KAMISHIBAIA foron unha alumnae un alumno maiores e nós e xs peques fomos o público. 🤩

E seguindo a idea de contadas bilingües, O GATO SOL foi contado en galego e español.

Unha experiencia ben bonita. 🥰



A nosa escola

👀 Este ano temos o obxectivo de visibilizar a nosa escola hospitalaria e un dos chanzos que imos salvando é o de dala a coñecer nas habitacións.

😃Nós imos todos os días a dar os "BOS DÍAS" ao noso alumnado e nese tempiño lle presentamos a Escola, como funcionamos, horarios e as actividades que temos preparadas para ese día e as que se van desenvolver pola tarde.

👌Agora tamén as habitacións contan con este dossier co máis importante da Escola Hospitalaria e da súa biblioteca:

Diseño de Amalia Otero

Placas identificativas

😊💫Quedaron moi ben as novas placas que xa nos identifican co que somos: unha pequena Escola Hospitalaria que ten dous espazos onde traballamos e nos reunimos tanto o profesorado da Aula Hospitalaria como o de Atención Educativa Domiciliaria.




venres, 20 de outubro de 2023

Ciencia divertida!

Un ano máis, contamos cós fantásticos Obradoiros de Ciencia Divertida  da Escola de Inxeniería Biomédica de Vigo: "Aprender xogando nun hospital".

Grazas por facernos das tardes dos luns un dos momentos máis agardados!







luns, 16 de outubro de 2023

Un día calquera...

 Un día calquera na nosa Escola, temos tempo para todo... e máis! 



O Día das Escritoras

E como nós temos a gran sorte de ter unha no noso equipo....fixemos que "A Contada dos Luns", tanto na Aula como nas habitacións,  tivese hoxe unha cor moooi especial, a do arca da vella : grazas, Amalia! 

💚💜💛💙 💫💫💫


Día das escritoras 23 (Post para Instagram) de Amalia Otero

venres, 13 de outubro de 2023

Outono doce

 Pese a que a calor destes días non nos deixa tregua, estamos en Outono, non si? 🍄🍁🍁

A nosa creativa rapazada de maiores creou uns bonitos cadros e a cativada experimentou a mezca das cores primaria para crear fondos de outono que mañá remataremos. 🎨
#aulahospitalariacreativa

outono AMARELO ACTIVIDADES AULA de Amalia Otero

mércores, 11 de outubro de 2023

O cole na cama

Cando non se pode ir ao noso Cole, polas circunstancias que sexan, imos os profes ás habitacións, e tamén os magos, paiasos, bombeiros, etc  Claro que sí!

Traballo, Maxia e moooitas Risas !! 😊