xoves, 30 de marzo de 2023

Casi relax

Nestes días, xa có segundo trimestre a piques de rematar e atopándonos entre o día da Reconquista na nosa cidade e as xa inminentes vacacións de semana santa, a nosa actividade de aula, se ben continúa tendo un importante peso respecto ao traballo académico na primeira metade, na segunda xa nos adicamos máis relaxadamente a un amplo "variado" de actividades.😊🎶








mércores, 22 de marzo de 2023

Experimentando



Por mor da inquietude que na Aula Hospitalaria se xeneróu cando dende o CUVI (Inxeniería Industrial) estiveron facendo diferentes sesións có noso alumnado e grazas á xenerosa intervención de Enrique, non podemos menos que (aínda que un chisco tarde) deixar ben patente a nosa gratitude pola morea de material que se nos fixo chegar en donación e que procuraremos poñer na práctica do noso día a día.












luns, 20 de marzo de 2023

"Mi historia"


Cando se teñen aptitudes para a narrativa, xurden cousiñas como esta: unha morea de capítulos que dende o primeiro deles, nos mantiveron en vilo.

Grazas e noraboa, Paula!




 

domingo, 19 de marzo de 2023

Respecto

Dende o respecto, porque pensamos que é así como todo funciona mellor: cada quen resolve se o quere celebrar ou non, se é ou non unha data importante ou se quere facer un agasallo. 

Pero respectando igualmente o que decidan as demáis persoas ...non si? ★








xoves, 16 de marzo de 2023

Revoltallo

Qué cómo é un día na nosa Aula?  😊

Pois cada un deles moi diferente ao anterior, pero tamén ao seguinte! 👍













mércores, 15 de marzo de 2023

Pensamento científico

Cómpre dar a importancia que se merece ao fomento nas aulas dunha metodoloxía activa e baseada no desenvolvemento de capacidades básicas de observación, análise e experimentación. 

Efectivamente, a ciencia tamén pode e debe ser divertida, e debe ocupar un lugar importante: o que se merece.
















sábado, 11 de marzo de 2023

Cartéis con mensaxe

A nosa alumna Paula, ademáis de escribir moooi ben (dí que "quere ser" escritora: pero si xa o é!)fai uns cartéis moi chulos, non si?










xoves, 9 de marzo de 2023

Estreamos Bibliotecas móviles!

As Bibliotecas enchen os nosos espazos: temos a Biblioteca dos Profes,  as dúas Bibliotecas de Aula ( para Miúdos e para Juniors), a Biblioteca do corredor (O Biblio Virus) e agora estreamos as "Carrotecas" ou Bibliotecas Móviles, coa intención de levar libros a onde teñen que chegar tamén: as habitacións de Pediatría 💙💙💓

Aproveitamos para dar o noso agradecemento a Froiz, por aportarnos de seguida dous carriños para poder levar a cabo esta experiencia: Mil graciñas!











martes, 7 de marzo de 2023

8 M

Hoxe é unha data importante...non si? 💪💪

Na Aula Hospitalaria tamén, e grazas á Cruz Vermella hai uns días ampliamos e compartimos a nosa percepción... 

Moitas grazas pola participación e grazas tamén a Sandra, Fran, Alba e Adrián.