xoves, 30 de novembro de 2023

Resumo: NOVEMBRO: MES DA CIENCIA EN GALEGO NA BIBLIOTECA

Na Aula Hospitalaria tamén apostamos, como non!!!, pola Ciencia e achegámola ao noso alumnado e familias.

Novembro foi un mes cargado de ciencia en diferentes ámbitos e experiencias:

Experimentos (grazas ao alumnado e profesorado de Enxeñaría Biomédica da @universidadedevigo) que acudiu á súa cita dos Luns de Ciencia Divertida. (ver todas as fotos no mes de novembro neste blog ou no Instagram)


Contos e manualidades como papiroflexia. Adicamos unha das nosas contadas dos luns ao conto POR CUATRO ESQUINITAS DE NADA, unha historia inclusiva e xeométrica!!


E libros moi interesantes expostos na biblioteca da Aula Hospitalaria. (ver vídeo premendo a imaxe)


Quédanos como asignatura pendente 😔 ter material de divulgación e ciencia EN GALEGO. Imos meter ese desexo nas cartas de Nadal 😉. (Decatámonos que so temos un de @kalandrakaeditora )
@bescolaresgal 
#bescolascreativas
#mesdacienciaengalegonasbibliotecas 
#mesdaciencia

sábado, 25 de novembro de 2023

PROGRAMA DE NADAL na Aula Hospitalaria.


Xa temos case pechado o noso programa de Nadal. 🎅🎄🎉

Impresionante as interesantes e variadas actividades💫 que temos preparadas para o noso alumnado e as súas familias.
 
Esperamos que vos gusten e que gocedes tanto coma nós preparándoas.



 

venres, 24 de novembro de 2023

25 de novembro: QUE NON SE TE VAIA A PINZA!


Que sorte tivemos que na véspera do #25n o alumndo do @colegio.sjosedelaguia preparounos unhas moi acertadas actividades para traballar as emocións, a seguridade e o coñecemento dunha mesma/o.


E xa antes traballamos nas habitacións e na Aula Hospitalaria coas nosas tarxetas e pinzas que fomos colgando no tendal da escola:


E non se nos vai a pinza, claro que non! A Aula Hospitalaria de Vigo é un ESPAZO SEGURO! 💜

xoves, 23 de novembro de 2023

Conto e música: CMUS de Vigo preséntanos OS CANS DE CANS

 🤩Como nos gustou este conto: unha historia moi orixinal na que a música tamén é a protagonista… e os cans de Cans 🐕🐕

Unha marabilla de cuarteto que nos ofreceu un agradable e divertido tempo.🎺🎻🎹
Parabéns e GRAZAS a Nicasio e os tres músicos que fixeron maxia na Aula hospitalaria do Cunqueiro.
Grazas ao @festivaldecans polos agasallos@🥰

@bescolaresgal 
@cmusvigo 
@festivaldecans



luns, 20 de novembro de 2023

Luns, 20 novembro: CIENCIA E EXPERIMENTOS

🔬 Outro luns máis no que o alumnado de Enxeñaría Biomédica nos achega a Ciencia á Aula Hospitalaria.

💫Moi divertidos os experimentos e un puntazo as mascotas en forma de calcetíns que levou a cativada con tanto mimo!!!
Parabéns e Grazas!


domingo, 19 de novembro de 2023

CATÁLOGO ONLINE DA BIBLIOTECA: KOHA

Na biblioteca da AULA HOSPITALARIA estamos a catalogar os libros e xogos que temos… que son moooitos!

Agora xa temos o programa Koha que permite que:
👉🏽 vexades o catálogo, 
👉🏽 saibades se o libro que vos interesa está disponible
👉🏽 facer unha reserva

📱ENTRA co QR!

Tamén con esta ligazón: https://aulahospitalariavigo.edubib.xunta.gal
@bescolaresgal 
#koha

venres, 17 de novembro de 2023

Concertos na Aula Hospitalaria polo CSM de Vigo

Comezamos un novo proxecto co Conservatorio Superiror de Música de Vigo.

Van ter arredor de 40concertos en distintos lugares do Hospital Álvaro Cunqueiro e, como non!, tamén acudirán á nosa Aula Hospitalaria.

E xa temos algunha data:

O 23 de Novembro interpretarán o conto "Os Cans de Cans" para instrumentos e narrador, de Nicasio Gradaille (catedrático de CSM de Vigo)

30 de Novembro  interpretarán o conto "As clases de Tuba", por Ignacio Fernandez

19 de Decembro: Concerto de Nadal.