venres, 22 de setembro de 2023

O fondo dos mares: MARÍA ELENA CASO

💫Convidámosvos a que entredes no noso Instagram para ver o bonito vídeo co traballo creativo que fixemos arredor da figura da investigadora e científica María Elena Caso.

🐟🐠🐙Quedou no seguinte nivel de chulísimo!


Ligazón para ver o vídeo: aquí ou premendo na imaxe. 

luns, 18 de setembro de 2023

O libro do mes: Setembro

 💫 Recén inaugurado o curso, presentamos un libro que está sendo todo un éxito tanto na aula como nas habitacións, xa que as manualidades e a papiroflexia enchen moitos tempos libres que o alumando ten fóra da escola e das extraescolares da tarde.

✂📄 Para peques di, pero certamente é para todas as idades!!!!



venres, 15 de setembro de 2023

ADA LOVELAVE: A encantadora dos números

 Comezamos cos científicas ludificando as matemáticas, como Ada quería👇

🕵️‍♀️🕵️Hoxe tocou sesión de enigmas con Ada Lovelace.

🧮O traballo en equipo foi o éxito para que toda a rapazada conseguira o seu premio.

🤩Que grandes son!!! e ti, saberías descifrar estes enigmas?



Podedes ver nesta ligazón o traballo da rapazada. IMPRESIONANTE TRABALLO EN EQUIPO!

martes, 12 de setembro de 2023

Tic tac tic tac

 

E chegóu o día!! a Aula volveuse a encher coa rapazada que estaba impaciente por compartir xogos, botar unhas risas, coñecer a outras nenas e nenos e descubrir todos os tesouros que xa se anunciaban...













Arrancamos!

O pasado venres xa non nos daba chegado o día e comezamos as visitiñas polas habitacións!! 

A profe Amalia estrenóu a Carroteca ... e con moooito éxito!👏👏💜📚📚







luns, 11 de setembro de 2023

Cronograma 23/24

Dende hoxe a Aula estará aberta polas mañás, pero sen esquecer que nas tardes temos tamén moitas outras opcións : de entrada vos informamos do que xa está en marcha




mércores, 6 de setembro de 2023

Dende Tui...

E nos chega dende Tui, da Biblio do IES San Paio e da man de Belén un fermoso agasallo con visitiña incluída; mil grazas á BiblioSanPaio! 💜💛💚







Pouco a pouco...

Pouquiño a pouco , que as presas nunca foron boas...😂
E de cando en vez na entrada das habitacións do hospital aparecen recadiños moooi directos, claro que si!


E nalgúns outros casos, non lles da chegado o día para comezar coa actividade a toope!! 😅😅



O luns día 11 abrimos a Aula e vos agardamos !!




venres, 1 de setembro de 2023

Calendario Escolar 2023-24

📆 Presentámosvos o calendario deste curso académico.

Como somos unha aula hospitalaria (centro de ensino) da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades rexímonos polo seu calendario escolar e o DOG que o regula: Orde do 3 de maio de 2023 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2023/24 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia. (ligazón)



Comezamos!


Xa estamos de volta!