xoves, 30 de xuño de 2022

E rematamos curso!

Facendo balance de novo, xa por segundo curso nesta andadura compartida de AH e AED❤❤❤

E cántas xornadas tan diferentes! Porque a sensación xeral de cada unha de nós foi que ningún día se parecía ao anterior, nin ao seguinte tampouco!

Moitos esforzos e alegrías na mochila, desacougos e fortalezas, risas e tristuras, moito traballo de equipo, xuntanzas, reencontros e despedidas, sentimentos encontrados, emocións...

❤❤❤❤ Sodes o mellor do mundo: e para vós son... os mellores desexos que se podan formular!

Vos deixamos en moi boas mans! 💙💙


                                                                     




                                                               






mércores, 29 de xuño de 2022

Ainoa

Unha artistaza! Tanto fai pendentes, anéis, cadros de todo tipo e texturas como calquera reto que se lle poña por diante...



E hoxe , ademáis, disfrutamos na sala de profes de un debuxo fermoso e moi especial que nos fixo. Graciñas, campiona!

Estamos de celebración!

 Repoñendo forzas... ao tempo que se fai balance! 😊😋😋




mércores, 22 de xuño de 2022

Carmen: segunda parte

😏 Xa está de alta, pero entre otras moitas cousas...a súa pegada aqui nos queda: un solete!🌞 




ASANOG

 Cántas cousiñas chulas fan con Lucía!! Mirade senon como deixaron estes lapis !!😍😍





martes, 21 de xuño de 2022

O Cubo Rubik ... e moito máis!

Xa estamos a argallar "actividades especiais"  cara o curso vindeiro! E a primeira de todas, sen dúbida, vai ser un  Obradoiro de Rubik  grazas á colaboración desinteresada de Pablo, o pai de Manuela 💙💚💙

Hoxe nos fixo un pequeno gran adianto...e quedamos abraiados! Vai ser xenial! Graciñas 🔝🔝🔝











luns, 20 de xuño de 2022

Miudiño, miudiño...

E así de amodiño imos chegando ao remate do curso, xa con menos carga da parte académica, e con máis tempo para o ocio: a nosa aula vaise enchendo así de risas e parlanchíns, revoltallos de debuxos, xogos e pincéis!

Nun currunchiño podemos ter a Naira, Maira e Clara debuxando e logo argallando xuntas novas aventuras, noutro a Luka , Pietro ou Manuel entretidos nas mil cousiñas que van atopando , mais aló a Carmen, Ainara e Daniela dando saída a tanta creatividade e polo medio partidas mooi reñidas a cargo de  Marta, Xavi e a panda dos "vou a por todas" . E por suposto Amaia, Alba, Manuel e Hugo marcando estilo...😉😅



















 

mércores, 15 de xuño de 2022

Carmen

Hai persoas especiais, ben o sabemos verdade? e tamén hainas incluso tanto, que deixan pequena esa palabra... 😍😍

Bondadosa, creativa, xenerosa, valente, amable, imaxinativa, desprendida, noble...Marabillosa!💟

Pois todo iso e moito máis é Carmen e aqui vos deixamos algunhas fotiños da súa habitación no hospital que dan boa conta de todo o dito anteriormente...💜💚💙💗💛💜


Entramos e xa atopamos cousiñas bonitas....



Tamén unha moi boa declaración de intencións, valente, como é ela!




E aínda queda máis, moooito máis!!






Pensades que xa rematóu? Pois non!




Como pequena mostra do que barrena esa cabeciña taaaan creativa, aqui vos deixamos a súa mascota inventada, o mecanismo que argallóu para tomar pastillas ou o que consigue facer coas tapiñas dos sueros 😏😉





E xa por último, unha fermosa árbore, moooi especial, coma ela ! 💗💚💜💚