xoves, 23 de setembro de 2021

JuegaTerapia

 Moitas grazas a JUEGATERAPIA!!


Nestes días, os nosos alumnos e alumnas puderon facer un respiriño e dar unha volta polos corredores nas bicis tan chulas que nos fixeron chegar dende JuegaTerapia 👍👍










Aquí tedes a Jorge, Adri e o dúo que forman Blanca e Nerea, compañeiras de habitación e aventuras.

martes, 21 de setembro de 2021

Dani fai historia na AH

 O venres foi o primeiro día que abrimos a nova aula e , como o primeiro alumno que a pisóu foi Dani, xa sabe que "fixo historia" na Aula Hospitalaria: sempre será o noso "primeiro alumno" e tanto él coma nós gardaremos esa fermosa xornada para o recordo...Grazas, Dani!






Tamén estiveron Adri, Jorge, Álvaro...pouco a pouco o noso alumnado xa vai tendo coñecemento de que , a maiores das clases nas habitacións, tamén poden vir á Aula, con todas as garantías e precaucións que a situación sanitaria require. Agardámosvos!






venres, 10 de setembro de 2021

Iago e o mundo dos cactus

👀 Mirade todo o que o noso alumno Iago sabe dos cactus: a que é super interesante ese mundo tan descoñecido ?

Pois él ten na súa casa especies de todo tipo e tamén nos debuxa algúns deles: ben bonitiños que son, non si? 

Graciñas, Iago!







xoves, 2 de setembro de 2021

Desexos para o Curso 2020/21 💜💚💛💌

 





Comezando novo curso coas pilas ben cargadas, porque en breve teremos (por fin!) a nova aula xa arranxada!

Polo camiño, imos ir quentando motores e facendo entre tod@s unha "árbore de desexos" para este novo curso : animadesvos a participar?