martes, 30 de xaneiro de 2024

Calendario da Aula Hospitalaria

 Actualizamos o cadro con todas as horas nas que se complementa á Aula Hospitalaria grazas ás asociacións e fundacións que traballan arreo pola cativada e rapazada hospitalizada:

@asanog_galicia
@galiclown_pallasosdehospital
@fundacionabracadabra
@cali.mago
@bombeirosafouteza
@cruzrojajuventud
@bicos_de_papel
@fundaciontheodora
#centrodediavaladares

@vigosergas



DÍA INTERNACIONAL DA PAZ E DA NON VIOLENCIA.

 30 de xaneiro.☮️🕊

DÍA INTERNACIONAL DA PAZ E DA NON VIOLENCIA.

✌🏽Un día tan importante nunha escola non podía pasar desapercibido na nosa Aula Hospitalaria.

🧩Aproveitando que onte fixemos entre todos un puzzle (alumnado da aula e tamén o que non puido saír das habitacións) hoxe o rematamos e pegamos toda a pezas e… sorpresa! A PAZ estaba agochada nel! No mural tamén pegamos o bonito mandala que L. nos fixo con tanto cariño.
👑🧙🏽‍♀️👹🦅Contamos o conto co Kamishibai ‘A bolsa dos contos’ e con el inventamos un conto colectivo no que participou todo o alumnado que nese momento estaba na aula.

🐉🥷🏾🤴🏽Finalmente completaron o símbolo da paz coas súas creacións pintadas na cristaleira da aula.

☮️Bonito e pacífico día, si. 🤩🕊

#diadapaz
@bescolaresgal
#kamishibai



Día Mundial do Quebracabezas

 

Hoxe foi o Día Mundial do Quebracabezas e non podiamos facer outra cousa que un puzzle colectivo nonque cada nena e cada neno aportou a súa peza. Mañá, Día da Paz comoletaremos o puzzle e veremos que sorpresa agocha.

E o luns non podía quedar sen conto. Hoxe foi tamén un libro quebracabezas: Vexo, vexo un gato? que a marabillosa M axudou a contar.

@bescolaresgal
#lunsdecontadas
#diamundialdelrompecabezas



xoves, 25 de xaneiro de 2024

Risas na Aula

 Visitas con risas na Aula Hospitalaria.



Edvard Munch

 

🎨🧑‍🎨Atormentado polas depresións e refuxiado no alcol, Edvard Munch escolleu os camiños máis escuros da vida para facer deles o centro da súa arte.

Considerado un dos precursores do expresionismo, o pintor noruegués Edvard Munch, nacido o 12 de decembro de 1863 en Løten, Noruega, foi rapidamente recoñecido como un innovador en Alemaña e en Europa Central, e aínda que as súas obras máis importantes realizounas na década de 1890, foi a súa obra posterior a que máis chamou a atención e na que numerosos artistas inspiráronse.
En 1892, Munch trasladouse a vivir a Berlín, e no outono de 1893 pintou en Niza a que talvez se converteu na súa obra máis icónica, O berro, cuxo protagonista está inspirado nunha momia peruana que o artista viu unha vez en París –Munch realizou catro fagas unha versión de O berro.
A tradicional visión que ten o espectador do berro foi desmontada polo Museo Británico, xa que, segundo a institución, na escena en realidade non hai ninguén gritando. Para apoiar a súa teoría mostraron unha litografía en branco e negro, do mesmo autor, onde pode lerse: “Sentín un gran berro en toda a natureza”. Segundo Giulia Bartrum, restauradora do Museo Británico, a imaxe deixa claro que o protagonista da obra é unha persoa que está a escoitar un berro e non unha persoa que está a gritar. No cadro reflíctense os sentimentos do pintor cando, a beiras dun fiordo noruegués, contemplou a natureza tinguirse de vermello lume, e, sen saber se escoitou ou non un estrondo, ese feito fíxolle estremecerse.
#oberro
#elgrito
#munch
#aulahospitalariacreativa
#artenaaulahospitalaria



domingo, 21 de xaneiro de 2024

4xan DÍA INTERNACIONAL DA EDUCACIÓN.

 🗓 24xan DÍA INTERNACIONAL DA EDUCACIÓN.


A educación é un dereito humano, un ben público e unha responsabilidade colectiva.

A Asemblea Xeral das Nacións Unidas proclamou o 24 de xaneiro Día Internacional da Educación, en celebración do papel que a educación desempeña na paz e o desenvolvemento.
Sen unha educación de calidade, inclusiva e equitativa para todos e de oportunidades de aprendizaxe ao longo de toda a vida, os países non lograrán alcanzar a igualdade de xénero nin romper o ciclo de pobreza que deixa atrasados a millóns de nenas e nenos, rapazas e rapaces e persoas adultas.

👉🏽As AULAS HOSPITALARIAS existen para que o alumnado poida exercer o seu dereito a recibir educación malia non poder asistir ao seu centro educativo por estar hospitalizado.

#loitadedereitos
#diainternacionaldaeducación
#aulashospitalarias



xoves, 18 de xaneiro de 2024

3ª Xornada das superheroínas

 Xa temos axendada a participación na 3ª Xornada das superheroínas e os superheroe da @fundacio_laninetadelsulls.

Estas Xornadas poñen o foco na tolerancia cara a diferenza, así como a aceptación e o recoñecemento das propias capacidades persoais, reivindicando que todos os nenos, nenas e adolescentes poidan ser unha superheroína ou un superheroe.

Esta iniciativa tamén pretende darlle visibilidade ao retinoblastoma, o cancro ocular máis frecuente en nenos/as menores de 6 anos, coa misión de potenciar a súa investigación para mellorar a calidade de vida dos/as pacientes e das súas familias.

Máis info: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/41445

#superheroínasysuperhéroes
#superheroínasesuperheroes
#aulahospitalariacreativa
#stopcancro



Que chega! Que chega

 Que chega! Que chega!

Que chega a normalidade á Aula Hospitalaria!!!!

Así volveu ser o día de hoxe… co movemento dunha manchea de alumnas e alumnos. 🤩🥳🥳
A aula chea… Ai! Como nos gusta (aínda que non nos vexamos o sorriso por mor da mascarilla) 🥰


Imos sumando!

 Imos sumando.

Agora tamén temos unha profe da Aula Hospitalaria na nova unidade de Saúde Mental Pediátrica.
Intentando facer realidade o dereito á educación para todxs.


martes, 16 de xaneiro de 2024

Que se estará cocendo na Aula Hospitalaria?

 Que se estará cocendo na Aula Hospitalaria? 🤭



OS LUNS CONTAMOS: DIAN FOSSEY

 Non foi o luns porque quixemos celebrar o nacemento de DIAN FOSSEY🦍. Así que hoxe a nosa compi @zeltiaugusta foi a encargada de contarnos a vida de Dian coa axuda do libro de PEQUEÑA&GRANDE que temos na biblio📔🛖🌍.

Aproveitamos tamén a que o noso alumno M nos amosara o seu Lapbook sobre animais e todo o alumnado tivo que buscar os animais agochados pola aula e colocalos no seu correspondente grupo.

Unha repasiño de Ciencias Naturais que nos serviu a todxs: ao máis pequecho de 3 anos e aos maiores!!!

@bescolaresgal
#dianfossey
#efemérides
#oslunscontamos
#aulahospitalariacreativa



xoves, 11 de xaneiro de 2024

Banda Deseñada tamén na Biblioteca Susana Rodríguez Gacio

 Marabilla!!!

Algunhas joias que @depucoruna coloca nos andeis de ouro da Banda Deseñada tamén na Biblioteca Susana Rodríguez Gacio, a biblio da Aula Hospitalaria.
Que luxo!!!! 🤩

E xa podedes velos no catálogo KOHA da biblio (na bio).

@bescolaresgal
#premiocastelao
#bandadeseñada
#comic



mércores, 10 de xaneiro de 2024

Amelia Earhart

 ✈️11 de xaneiro de 1935, Amelia Earhart consegue realizar un vo que conecta Hawái con California.
🤓E aproveitamos este dato para facer probas de gravación e vídeo.

Ni tan mal!!! 🥰🥰🥰🥰

Seguiremos practicando.

Coñecíades a vida de Amelia?

Tendes o libro na nosa biblioteca.

@bescolaresgal
#pequeñaygrande
#ameliaearhart
#dinamizacionbiblioteca
#efemérides



martes, 9 de xaneiro de 2024

MEDALLA DE OURO PARA EL AULA HOSPITALARIA

 🗞Publicouse hoxe unha pequena reportaxe do que foi o amadriñamento da nosa biblio.

Foi algo moi chulo desde que decidimos que @susirodriguezgacio tiña que ser a nosa madriña e máis chulo aprender co noso alumnado sobre tantas facetas interesantes na vida de Susana. Non so coñecemos o triatlón e os xogos olimpicos e paralímpicos senón tamén de fisioterapia e mediciña e como práctica que nos tivo algunhas semanas dándolle as teclas, aprendemos a usar a máquina Perkins para escribir Braille.
E o colofón foi ter a nosa madriña con nós (na aula e nas habitacións).
🤩Susi regalounos unha das súas mallas de competición, @bescolaresgal agasallóunos un fantástico lotes de libros en galego de banda deseñada e divulgación e o CS de música envolveunos coas súas marabillosas pezas.
🫠Que máis podemos pedir?

#amadriñamentobiblioteca
#bibliotecasusanarodriguez



12 RETOS LECTORES

 1️⃣2️⃣ meses que ten o ano.

1️⃣2️⃣ meses que poden ser 12 retos lectores… ou 6, ou 4…
🤩O importante é ter obxectivos na vida e, se ademáis gostas deles: obxectivo dobre!!! 🫠🫰🏽

@bescolaresgal
#12retoslectores
#bibliotecasusanarodriguez
#dinamizacionbiblioteca





luns, 8 de xaneiro de 2024

OS LUNS CONTAMOS

 Eh, eh!!!🥱🚨Acordade! Que volvemos!!!

E hoxe é Luns!!! Día de contadas na nosa Biblio Susana Rodríguez Gacio.
⏰Ás 11.30 traeremos contos con desexos🤞🏽… ao mellor vos dan algunha idea 😌💭

Comeza unha etapa nova.
Alá imos! 🌟💫🤩

@bescolaresgal
#lunsdecontadas
#bibliotecasusanarodriguez