Gústavos a nova aula ? 😍 a nós encántanos! 💚💜💙👍
“Sen cita previa” nace coa intención de visibilizar unha realidade: na Aula Hospitalaria (AH) e na Atención Domiciliaria (AD) ten cabida esa parte do noso alumnado cun maior plus de diversidade, desas diferenzas que tanto nos enriquecen e suman... Falamos de educación personalizada con maiúsculas, xa que a maiores da actividade propiamente educativa e curricular, cómpre engadir tamén unha intervención case terapeútica. Dámosvos a benvida!
venres, 15 de outubro de 2021
xoves, 7 de outubro de 2021
Inauguración oficial da nova Aula Hospitalaria
"O Cunqueiro na prensa"
En datas recentes, concretamente o pasado luns día 27 de setembro, o Xefe Territorial de Educación, D.César Pérez Ares nos visita con motivo da inauguración oficial da Aula Hospitalaria , estando tamén presentes a nosa Inspectora (Dna M. Reyes Estévez Forneiro ) , o Inspector Xefe (D. Manuel Torres Vizcaya), Coordinador Inspección Vigo (D.Carlos A. Antuña Soto), Xerencia do HAC (D.Javier Puente Prieto) e o Conselleiro de Sanidade (D.Julio García Comesaña), a delegada territorial da Xunta en Vigo (Dna Marta Fernández-Tapias) e diversos estamentos sanitarios : Dona Ana Concheiro Guisán, como Xefa de Pediatría, Dona Mar Portugués de la Red, como Xefa de Planta e Dna Teresa García Vázquez, como Supervisora de Planta,etc.
xoves, 23 de setembro de 2021
JuegaTerapia
Moitas grazas a JUEGATERAPIA!!
Nestes días, os nosos alumnos e alumnas puderon facer un respiriño e dar unha volta polos corredores nas bicis tan chulas que nos fixeron chegar dende JuegaTerapia 👍👍
Aquí tedes a Jorge, Adri e o dúo que forman Blanca e Nerea, compañeiras de habitación e aventuras.
martes, 21 de setembro de 2021
Dani fai historia na AH
O venres foi o primeiro día que abrimos a nova aula e , como o primeiro alumno que a pisóu foi Dani, xa sabe que "fixo historia" na Aula Hospitalaria: sempre será o noso "primeiro alumno" e tanto él coma nós gardaremos esa fermosa xornada para o recordo...Grazas, Dani!
luns, 20 de setembro de 2021
venres, 10 de setembro de 2021
Iago e o mundo dos cactus
👀 Mirade todo o que o noso alumno Iago sabe dos cactus: a que é super interesante ese mundo tan descoñecido ?
Pois él ten na súa casa especies de todo tipo e tamén nos debuxa algúns deles: ben bonitiños que son, non si?
Graciñas, Iago!










