O Álvaro Cunqueiro é un hospital moooi grande, xa o sabedes, pero en Pediatría están.... os mellores pacientes do mundo mundial, as nenas e os nenos máis riquiños do planeta!!!
💟E así o reflexan nos debuxos que estiveron a facer nestes días 💟
“Sen cita previa” nace coa intención de visibilizar unha realidade: na Aula Hospitalaria (AH) e na Atención Domiciliaria (AD) ten cabida esa parte do noso alumnado cun maior plus de diversidade, desas diferenzas que tanto nos enriquecen e suman... Falamos de educación personalizada con maiúsculas, xa que a maiores da actividade propiamente educativa e curricular, cómpre engadir tamén unha intervención case terapeútica. Dámosvos a benvida!
O Álvaro Cunqueiro é un hospital moooi grande, xa o sabedes, pero en Pediatría están.... os mellores pacientes do mundo mundial, as nenas e os nenos máis riquiños do planeta!!!
💟E así o reflexan nos debuxos que estiveron a facer nestes días 💟
Pois sí que temos unha boa canteira de promesas na Aula Hospitalaria ! 😍💪
Alba é unha das nosas alumnas, e non fai falta dicir nada máis se vos deixamos aquí algún dos seus traballos! ata ten xa unha morea de encargos e mesmo está a piques de colaborar coa Iria, a artista que nestes días nos está a facer uns fermosísimos muráis na aula, dos que tamén vos daremos conta en breves datas...
Así ve a nosa alumna Dani o panorama actual...e calquera das solucións que propón é para tomar moi boa nota, non vos parece?: que xogar non teña límite de idade, que se podan recuperar as visitas no hospital y que os pacientes se podan relacionar entre sí (sobre todo se están deprimidos/as, dí ela), que haxa profesionáis de psicoloxía en Pediatría e que non haxa tantos casos de bullyng nos coles, etc
E tamén de ver a vida! 👀👌
Alba e a sua nai van deixando pegada alí por onde pasan : Grazas mil ás duas por tantos momentos fermosos!💟💟
Un día calquera nunca é como os demáis, porque aquí cada día é especial, moooi especial!
Pero en cada un deles de primeiras traballamos en "cousas do cole" e logo...facemos series, puzzles, adoptamos un rincón especial, descubrimos que argallar cós "legos" crea adicción, levamos invitadas de excepción (por exemplo a nosa boneca compañeira de aventuras e desventuras) e unha morea de cousas máis!
Tamén escoitamos música de fondo tódolos días: encántanos!
"O Cunqueiro na prensa"
En datas recentes, concretamente o pasado luns día 27 de setembro, o Xefe Territorial de Educación, D.César Pérez Ares nos visita con motivo da inauguración oficial da Aula Hospitalaria , estando tamén presentes a nosa Inspectora (Dna M. Reyes Estévez Forneiro ) , o Inspector Xefe (D. Manuel Torres Vizcaya), Coordinador Inspección Vigo (D.Carlos A. Antuña Soto), Xerencia do HAC (D.Javier Puente Prieto) e o Conselleiro de Sanidade (D.Julio García Comesaña), a delegada territorial da Xunta en Vigo (Dna Marta Fernández-Tapias) e diversos estamentos sanitarios : Dona Ana Concheiro Guisán, como Xefa de Pediatría, Dona Mar Portugués de la Red, como Xefa de Planta e Dna Teresa García Vázquez, como Supervisora de Planta,etc.