Xa queda pouquiño para o Nadal, e na aula nótase en todos os rincóns! pero sobre todo, no de expresión plástica: árbores, estrelas, renos...
Tamén nas lecturas escollidas, na música que escoitamos, nas conversas e nos desexos .
“Sen cita previa” nace coa intención de visibilizar unha realidade: na Aula Hospitalaria (AH) e na Atención Domiciliaria (AD) ten cabida esa parte do noso alumnado cun maior plus de diversidade, desas diferenzas que tanto nos enriquecen e suman... Falamos de educación personalizada con maiúsculas, xa que a maiores da actividade propiamente educativa e curricular, cómpre engadir tamén unha intervención case terapeútica. Dámosvos a benvida!
Xa queda pouquiño para o Nadal, e na aula nótase en todos os rincóns! pero sobre todo, no de expresión plástica: árbores, estrelas, renos...
Tamén nas lecturas escollidas, na música que escoitamos, nas conversas e nos desexos .
O concepto da nosa aula mudou de xeito importante coa aportación que tivo a ben facer Iria Blanco, artista da nosa cidade cun amplo percorrido : aportóu calidez, tenrura, mimo, agarimo...
A maiores da súa valía profesional, non queremos deixar pasar a ocasión de agradecerlle tanta implicación persoal e tanta sensibilidade no trato cós nosos peques e maiores: mil grazas, Iria, de corazón!
Unha das nosas alumnas, Lydia, deixounos hoxe moito máis que felices con este relato tan fermoso, case de Nadal, que nos deixa compartir : aquí se ve "madeira de escritora", verdade que si?
Calquera día é bo para facer unha visitiña á Biblioteca, verdade? ou para mercar un libro e ampliar a nosa ou mesmo para agasallar a alguén ! Pois aquí vos deixamos algunhas pistas!
As persoas con discapacidade e as suas familias son un dos grupos sociais máis castigados actualmente, non só por razóns obvias de saúde, senon por factores sociáis, políticos, económicos e mesmo legáis que os posicionan cunha fraxilidade extrema ante unha situación de emerxencia sanitaria coas proporcións da actual...
Porque o normal é ser diferente, estamos chamados a favorecer a integración!
Porque só dende a inclusión e a defensa dos dereitos humanos é posible a paz social e unha comunidade digna de respecto...non si?
Neste curso temos un equipo docente de Atención Domiciliaria moito máis reducido polo momento que no pasado, pero cheo de desexos de mellora para as súas nenas e nenos e de implicación , tanto nas casas como na Aula Hospitalaria cando están ingresados algún deles...
Aquí vos deixamos algúns dos momentos que queren compartir e visibilizar: traballiños do Samaín, de Outono, de expresión plástica, de traballo emocional, de comprensión lectora, conceptos espaciais, de lóxica matemática...
💪 Ánimo, Apertas,💜 Actitude, Atreverse, ❤Autoestima,👈 Agradecer, Avanzar, 👏Amizade, 😊 Agora, 👀Alegría, 😄Amar,💕Adiante!!
Palabras fermosas que tamén comezan pola A , coma "ARTE" : todas elas caben na maleta da nosa vida e solo de nós vai depender darlles sentido mediante os feitos de cada un dos nosos días.
Ana tamén comeza pola "A" e ten tanta arte e ideas fermosas na súa maleta ,que sólo tedes que ver un debuxo que nos fixo onte na aula para entender o seu corazón. Graciñas, Ana!