xoves, 16 de decembro de 2021

Grazas mil, OQO!

                                                              


O  Nadal chegóu xa á nosa Aula Hospitalaria! A Editorial OQO mandounos duas caixas cheíñas dos seus marabillosos libros, en galego e castelán, para os nosos peques!  👏👏👏










domingo, 12 de decembro de 2021

Nadal en galego

 Desexos cós que soñamos, verbas cun significado moooi especial, letras que se xuntan e apertan, bicos ao noso idioma...boliñas de prata e ouro que queren ser realidade: xuntas fan maxia: a maxia do Nadal! 🙌









    
































sábado, 11 de decembro de 2021

O Nadal vai chegando...

 Xa queda pouquiño para o Nadal, e na aula nótase en todos os rincóns! pero sobre todo, no de expresión plástica: árbores, estrelas, renos...

Tamén nas lecturas escollidas, na música que escoitamos, nas conversas e nos desexos .  


















venres, 10 de decembro de 2021

Unha aula ben fermosa

O concepto da nosa aula mudou de xeito importante coa aportación que tivo a ben facer Iria Blanco, artista da nosa cidade cun amplo percorrido : aportóu calidez, tenrura, mimo, agarimo...

A maiores da súa valía profesional, non queremos deixar pasar a ocasión de agradecerlle tanta implicación persoal e tanta sensibilidade no trato cós nosos peques e maiores: mil grazas, Iria, de corazón!



E grazas tamén a cantas persoas fixeron o posible para que se cumplira este obxectivo: facer da aula hospitalaria un recunchiño ben fermoso e acolledor.







martes, 7 de decembro de 2021

Un fermoso relato

 Unha das nosas alumnas, Lydia, deixounos hoxe moito máis que felices con este relato tan fermoso, case de Nadal, que nos deixa compartir : aquí se ve "madeira de escritora", verdade que si?