🗞Faro de Vigo quiso ternos en conta amosando as actividades que desenvolvimos na AULA HOSPITALARIA polo Samaín.
(🔗na historia)
#visibilizando
“Sen cita previa” nace coa intención de visibilizar unha realidade: na Aula Hospitalaria (AH) e na Atención Domiciliaria (AD) ten cabida esa parte do noso alumnado cun maior plus de diversidade, desas diferenzas que tanto nos enriquecen e suman... Falamos de educación personalizada con maiúsculas, xa que a maiores da actividade propiamente educativa e curricular, cómpre engadir tamén unha intervención case terapeútica. Dámosvos a benvida!
martes, 31 de outubro de 2023
A escola no Periódico.
domingo, 29 de outubro de 2023
OS LUNS CONTAMOS: "Como mola tu escolba" con kamishibai
👻 OS LUNS CONTAMOS, e como estamos en tempos de Samaín puidemos botarnos a voar con COMO MOLA TU ESCOBA! de Julia Donalson.🎃💀
E co Kamishinai!! 🎩
SAMAÍN: Recomendacións lectoras da Biblioteca
🎃Neste tempo tan especial e divertido deixámosvos algúns dos libros que podes vir coller á Biblioteca Escolar da Aula Hospitalaria.
venres, 27 de outubro de 2023
A rapazada da Aula Hospitalaria compartiu uns momentos moi interesantes e divertidos grazas ao alumnado de prácticas do módulo de DESENVOLVEMENTO SOCIOAFECTIVO do CFGS de EI @colegio.sjosedelaguia
BIBLIOTECA DE SAMAÍN
🎃Que podemos ler no Samaín?💀
🔝Vinde á biblio do hospi que temos preparados xeniais libros para todos: peques, maiores e familias.😜E non nos digades que vos aburrides!!!! 🥳🥳
xoves, 26 de outubro de 2023
Estamos na web de Bibliotecas Escolares de Galicia!!!!!
🤩 Moi contentas e ilusionadas levamos todo o día despois de ver que o noso traballo na biblio é valorado e publicado na web das Bibliotecas Escolares de Galicia @bescolaresgal .
😊Seguiremos traballando para que o noso alumnado e as familias disfruten da biblio e das súas actividades.#bescolaresgal
#bescolaresgalabertas



