martes, 27 de abril de 2021

"Dúas escamas dun peixe"

 Autoavaliación e Metacognición

 Achegamos este pequeno mural feito en Atención Domiciliaria co resultado da actividade trimestral que se fixo co alumnado : nun principio o peixe estaba completamente espido e ao rematar cada sesión ían colocando cada quen ( o alumno ou alumna unha e a mestra outra) unha escama... pero non se facía de calquera xeito, nooon! senon segundo unha escala de valoración por cores e se debía escoller a cor en función do nivel de traballo, de aprendizaxe e de diversión que cada un/unha considerara que houbera na sesión.


Unha vez escollida a cor, foron escribindo debaixo da escama a data e unhas palabras para describir como se sentiron, e logo xa só compre xustificar verbalmente, un/unha ao outro/a , o motivo de escoller esa cor en base aos tres ítems a valorar. Ese momento ademáis aproveitouse para lembrar todo o traballado, o aprendido, o repasado, o traballo pendente e todo aquilo que se considerara interesante, incluso coa axuda da axenda no caso do alumnado de maior idade.


E asi se foron enchendo de escamas de cores os peixiños! Ao rematar o trimestre, chegóu por fin o momento tanto tempo agardado de compartir anotacións! Agora, cada peixiño loce nas casas do noso alumnado de Atención Domiciliaria e a él poden acudir cada vez que o desexen para ver as palabras que se agochan nas escamiñas de cores...








Ningún comentario:

Publicar un comentario