Unha fermosa actividade que fixo unha fermosa persoa: Xiana .
E xunto a ela , na nosa aula, outra persoa marabillosa coa que xuntar sorrisos e compartir un chisquiño de tempo: Martina.
Qué sorte temos de contar con vos! 💜💚💜
“Sen cita previa” nace coa intención de visibilizar unha realidade: na Aula Hospitalaria (AH) e na Atención Domiciliaria (AD) ten cabida esa parte do noso alumnado cun maior plus de diversidade, desas diferenzas que tanto nos enriquecen e suman... Falamos de educación personalizada con maiúsculas, xa que a maiores da actividade propiamente educativa e curricular, cómpre engadir tamén unha intervención case terapeútica. Dámosvos a benvida!
Ningún comentario:
Publicar un comentario