E cada cousa no seu tempo: temos organizada a xornada de forma que podamos facer as tarefas do cole de primeiras e así logo poder adicarnos aos diferentes obradoiros e actividades que temos na aula.
“Sen cita previa” nace coa intención de visibilizar unha realidade: na Aula Hospitalaria (AH) e na Atención Domiciliaria (AD) ten cabida esa parte do noso alumnado cun maior plus de diversidade, desas diferenzas que tanto nos enriquecen e suman... Falamos de educación personalizada con maiúsculas, xa que a maiores da actividade propiamente educativa e curricular, cómpre engadir tamén unha intervención case terapeútica. Dámosvos a benvida!
Excelente traballo. Grazas!!
ResponderEliminarGraciñas a ti por seguirnos!
ResponderEliminar