O día transcurre , aparentemente, como calquera outro, é dicir: non hai dous iguáis... nunca!
Pero hoxe, entre os traballos de Lingua Galega e Educación Física dos maiores , atrapasoños rematados, os arranxos mecánicos de Pedro có coche de bombeiros ou a minuciosidade de Luz có seu amigo "O monstro das cores ", cavilamos que pese a ter moi interiorizado que as despedidas nesta aula son moi frecuentes, e tamén moi agridulces (alégramonos moito cando lles dan a alta, pero un cachiño do noso corazón se vai con eles), esta despedida é ben diferente: remata a profe Estefa 💙 pero non sen prometernos que vai vir moooito por aquí para facernos visitiñas. Non te imos esquecer nunca!
Ningún comentario:
Publicar un comentario