Momentos especiais na nosa aula , nos que as xuntanzas son o máis valorado : e cando está o profe Jorge para botar uns retos...xa é o mellor de todo!
Aquí vos deixamos un mooi interesante vídeo de "Xabarín Club" sobre o futbolín: non deixedes de velo, vos vai sorprender!
https://youtu.be/2tS6D5dD3vo
Non moita xente sabe que o futbolín foi un invento de Alexandre Campos Ramírez, poeta , editor e por suposto inventor, nado en Fisterra en 1919 e falecido o 9 de febreiro de 2007.
Cando vivía en Madrid, foi ferido con 17 anos por unha bomba en plena Guerra Civil e ao ser ingresado en Barcelona con outros nenos feridos e enfermos que se lamentaban de non poder xogar ao fútbol, acorda xunto coa axuda do carpinteiro vasco Francisco Xabier Altona argallar un: se había un tenis de mesa, por qué non de fútbol?😏
Así, fabrican o primeiro futbolín da historia...pero Fisterra aínda inventará moitas máis cousas : temos coñecemento de 50, entre eles o xogo de "Hundir la Flota". Curioso, verdade?
Tras unha vida intensa, na que poderíamos salientar moitas partidas có Che Guevara (ao que sempre gañaba, dí él) e a súa amizade có poeta León Felipe, a día de hoxe podemos desfrutar do seu invento na nosa aula e en moitos outros lugares e países...non si?
Ningún comentario:
Publicar un comentario