mércores, 20 de decembro de 2023

CEIP A Guía Nadal!

 Cousas bonitas que pasan na AULA HOSPITALARIA (parte 342 869)


Hai un cole cargadiño de pequenos elfas e elfos que levan uns meses traballando a reo para que no día de hoxe a Xefa Elfa Olga traia agasallos FEITOS A MAN para o alumnado de atención domiciliaria e tamen o hospitalizado.

Unha fermosa carta
Uns PapaNoel con debuxos sorpresa dentro
Unhas bolsas pintadas con preciosos debuxos

Hoxe a Elfa Olga fixo entrega dos agasallos na Aula Hospitalaria e nas habitacións. Nós entregaremos ao alumnado de Domiciliaria os regaliños a través das mestres e mestre que lles dan clase.

Millóns de grazas porque sabemos o tempo que levan estas manualidades e o gran cariño e dedicación que lle puxéchedes!!! 🥰🥰

Grazas á profe Olga por vir ata aquí.

@ceipaguia
#agasallosmolones



Ningún comentario:

Publicar un comentario