xoves, 9 de marzo de 2023

Estreamos Bibliotecas móviles!

As Bibliotecas enchen os nosos espazos: temos a Biblioteca dos Profes,  as dúas Bibliotecas de Aula ( para Miúdos e para Juniors), a Biblioteca do corredor (O Biblio Virus) e agora estreamos as "Carrotecas" ou Bibliotecas Móviles, coa intención de levar libros a onde teñen que chegar tamén: as habitacións de Pediatría 💙💙💓

Aproveitamos para dar o noso agradecemento a Froiz, por aportarnos de seguida dous carriños para poder levar a cabo esta experiencia: Mil graciñas!











Ningún comentario:

Publicar un comentario