E de cando en vez na entrada das habitacións do hospital aparecen recadiños moooi directos, claro que si!
E nalgúns outros casos, non lles da chegado o día para comezar coa actividade a toope!! 😅😅
O luns día 11 abrimos a Aula e vos agardamos !!
“Sen cita previa” nace coa intención de visibilizar unha realidade: na Aula Hospitalaria (AH) e na Atención Domiciliaria (AD) ten cabida esa parte do noso alumnado cun maior plus de diversidade, desas diferenzas que tanto nos enriquecen e suman... Falamos de educación personalizada con maiúsculas, xa que a maiores da actividade propiamente educativa e curricular, cómpre engadir tamén unha intervención case terapeútica. Dámosvos a benvida!
Ningún comentario:
Publicar un comentario