martes, 18 de xuño de 2024

FARO DA ESCOLA

Esperabamos este día coa satisfacción dun traballo feito, no que houbo moita xente detrás, moitas horas de ordenador e papeis e, sobre todo, un alumnado entregado para facer este primeiro periódico da Aula Hospitalaria, o seu periódico: FARO DA ESCOLA


E conseguímolo. A nosa aula, a AULA HOSPITALARIA DO H ÁLVARO CUNQUEIRO, xa é algo máis coñecida e o noso traballo, recoñecido.

Entre toda a emoción houbo risos e lágrimas porque algunhas destas mencións son moito máis que un premio e iso énchenos de moito orgullo.

Imos cos premios: 🥁🥁🥁🥁

🥉3º premio á mellor PORTADA
🥈2º premio ao mellor ESPAZO DE HUMOR
🥇1º premio á mellor Sección DE PASATEMPOS
🥇1º premio ao mellor DESEÑO
🥇1º e 🥉 3º premios á mellor CREACIÓN LITERARIA.
(Este último é moi especial porque sabemos que dentro de pouco AMY asinará os seus propios libros e nós presumiremos de ter sido as súas profes 🤭)

Nós queremos tamen dar os nosos premios, en forma de agradecemento:

💜A BRUNO, SONIA e ELÍAS por animarnos, ensinarnos e crer en nós. Sempre agradecidas. ☺️

💜Ás familias, cómplices de cada día, aínda que non lle queden moitos folgos, sempre veñen á aula cun sorriso sincero.🥰

💜Ás alumnas e alumnos que cada día enchen a aula hospitalaria e as habitacións de alegría e forza, máis da que ninguén pode imaxinar, sacada dalgún lugar secreto e que, altruistamente agasallan a todos os que estamos ao seu arredor: SODES GRANDES, MOI GRANDES 🤩

Ningún comentario:

Publicar un comentario